lunes, 23 de marzo de 2020

CIENCIAS NATURAIS 5º EP

TRABALLO ENFERMIDADES (2º PARTE)

Empezamos coa segunda parte do traballo:

2.        Enfermidade.
Tipo de enfermidade que é, a que sistemas ou órganos afecta, quen a transmite e cal é o axente causante…
Ten cura? Cal?
É contaxiosa? De ser o caso, como se contaxia?
Etc …
3.        Bibliografía
De onde obtiven a información (nome dos libros de consulta empregados, nome das revistas empregadas, enlaces das páxinas web, etc).

Ben, cada un terá que buscar información sobre a enfermidade que lle tocou e relacionada con:

  • É unha enfermidade infecciosa ou non? é polo tanto contaxiosa?
  • A enfermidade está producida por unha bacteria, virus, fungo ou protozoo
  • Se é contaxiosa, como se propaga? quen a transmite (un mosquito, as ratas...)?
  • Existe unha cura ou prevención fronte a ela?
  • Cales son os seus síntomas?
  • É unha enfermidade que existe en moitas zonas do planeta ou en algunhas en concreto?
O esquema dos tipos de enfermidades é:
  • Infecciosas: 
                 Causadas por: virus, bacterias, fungos ou protozoos
  • Non- infecciosas:

                 - Intoxicacións
                 - Traumatismos
                 - Enfermidades nutricionais
                 - Tumores e cancro
                 - Enfermidades cardiovasculares
                 - As alerxias
                 - Enfermidades anímicas
                 - Enfermidades conxénitas

Este vídeo pode ser de axuda:



Una vez que remates o apartado 2 queda o 3, o da bibliografía, é dicir, o listado de libros, enlaces de internet, etc... que empregaches para buscar a información. Unha vez finalizado o traballo podes enviarmo en formato pdf (se tes onde escanealo) ou ben sacarlle fotos (nas que se lea o texto) e enviarmas ao meu mail de contacto. 

FARO DA ESCOLA: Para os que xa rematáchedes o traballo, propóñovos que empregando o WORD ou outro procesador de textos compatible, me enviedes artigos para o noso Faro da Escola. En principio, escollede vós a temática e logo según o valore, vos enviarei eu suxerencias.

Moito ánimo! Sei que estades a traballar un montón!