martes, 31 de marzo de 2020

CIENCIAS NATURAIS 6º EP

Ola rapaces!!! imos a repasar agora o aparato respiratorio e a respiracion. Espero seguir recibindo os test e os traballos pendentes.

Xa sabedes que a respiración permite obter do aire o osíxeno que necesitan as nosas células para sobrevivir, e ademais eliminar o refugallo que é tóxico para nós (o dióxido de carbono). 

O aparato respiratorio está formado por:
  • Vías respiratorias: as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios (que se ramifican en bronquiolos e estes rematan nos saquiños alveolares ou alvéolos).
  • Pulmóns: son órganos exponxosos separados do abdome polo diafragma, e protexidos pola caixa torácica. Formados polas ramificacións dos bronquios e polos alvéolos.
Aquí vos deixo catro enlaces moi interesantes sobre o proceso respiratorio.




OSÍXENO E RESPIRACIÓN

APARATO RESPIRATORIO (2) Grazas a Daniela pola súa aportación!!!!


Na respiración, caben destacar os seguintes procesos: 
  • Inspiración: entrada de aire aos pulmóns. Cargado de osíxeno.
  • Intercambio gasoso: prodúcese nos alvéolos, a sangue con osíxeno pasa aos capilares para ir a todas as células e o dióxido de carbono pasa ao interior dos alvéolos para logo saír expulsado do corpo na expiración.
  • Expiración: expulsión do aire dos pulmóns. Cargado de dióxido de carbono.


Ide traballando con estes conceptos e mañán faredes un novo cuestionario sobre eles.

Ánimo!