ACTIVIDADES DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL
Bos días
Comezamos novo tema: a materia e a enerxía
Déixovos colgado o primeiro esquema da unidade 5 para que o estudedes. O que non teña impresora na casa que o copie na libreta de clase.
Adxunto tamén uns enlaces nos que podedes aprender un pouco máis sobre o tema así como practicar a través de diferentes actividades e xogos.
Cando xa non teñades dúbidas tentade cubrir, sen buscar nos apuntes, o test sobre as propiedades dos materiais e os seus estados. As respostas do test chéganme directamente ao premer o botón de enviar que aparece ao final. É obligatorio que contestedes todas as preguntas para poder envialo.
Se tedes calquera dúbida escribídeme :)
Un saúdo e moito ánimo
- Esquema 5.1 ESQUEMAS UNIDADE 5 (pincha aqui para ver os esquemas ampliados)
- Videos explicativos
1. A materia
2. Os estados da materia: sólido, líquido e gasoso
- Actividades na web (Necesitades ter instalado o Adobe flash player para poder entrar. Se non o tedes non vos preocupar, xa que estas actividades non son obligatorias)
http://engalego.es/almacen2010/lim10/c39/materia2/materia.html (diapositivas da 19 á 31)
- Enlace ao test
TEST 1: PROPIEDADES E ESTADOS DA MATERIA
TEST 1: PROPIEDADES E ESTADOS DA MATERIA
* Haberá respostas que a pesar de estar ben darávolas como incorrectas. Iso é porque non están escritas igual que as posibles solucións que dou eu. Non vos preocupar que unha vez me chegue o test revisareinos, un por un, para ver se é por iso ou realmente está mal a resposta.