lunes, 30 de marzo de 2020

NATURAIS 4ºEP

ACTIVIDADES DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL


Bos días

Comezamos novo tema: a materia e os seus cambios

Déixovos colgado o primeiro esquema da unidade 5 para que o estudedes. O que non teña impresora na casa que o copie na libreta de clase.
Adxunto tamén uns enlaces nos que podedes aprender un pouco máis sobre o tema así como practicar a través de diferentes actividades e xogos.
Cando xa non teñades dúbidas tentade cubrir, sen buscar nos apuntes, o test sobre as propiedades dos materiais e os seus estados. As respostas do test chéganme directamente ao premer o botón de enviar que aparece ao final. É obligatorio que contestedes todas as preguntas para poder envialo.

Se tedes calquera dúbida escribídeme :)

Un saúdo e moito ánimo



Esquema 5.1  ESQUEMAS UNIDADE 5 (preme no link para ver os esquemas ampliados)







Videos explicativos

1. A materia

2. Os estados da materia: sólido, líquido e gasoso




- Actividades na web (Necesitades ter instalado o Adobe flash player para poder entrar. Se non o tedes non vos preocupar, xa que estas actividades non son obligatorias)





Enlace ao test 

* Haberá respostas que a pesar de estar ben darávolas como incorrectas. Iso é porque non están escritas igual que as posibles solucións que dou eu. Non vos preocupar que unha vez me chegue o test revisareinos, un por un, para ver se é por iso ou realmente está mal a resposta.