UNIDADE 5:Unha viaxe polo sistema solar
Os temas principais propostos para esta unidade xiran arredor de:
–Orientación no espazo e puntos cardinais.
–A Terra e formas de representala.
–O Sol e os planetas.
–Movementos de rotación e translación.
–As fases da lúa.
ACTIVIDADES. 30/02/2020 e 1/04/2020
–Orientación no espazo e puntos cardinais.
1.Debuxaremos no caderno unha mesa á dereita e un encerado á esquerda. Enriba da mesa hai unha mazá á esquerda e un bote á dereita. Dentro do bote hai tres lapis: un vermello, un azul e un verde.
APRENDE
Grazas aos puntos cardinais, ao Sol e ao noso corpo podemos orientarnos e non perdernos. Os puntos cardinais son norte, sur, leste e oeste.
Para orientarnos tamén utilizamos o compás .Comentamos en que consiste o compás, agulla de marear ou "búsula" (en castelán brújula).
1.Copia econtesta no caderno.
Le e subliña as frases verdadeiras.
Os puntos cardinais axúdannos a orientarnos.
O compás sempre indica o sur.
O Sol sae polo leste e ponse polo oeste
.O Sol sae polo norte e ponse polo leste.
2. Debuxa un neno o nena ,unha montaña ao norte, un lago ao leste, un bosque ao oeste e unhas casas ao sur.