jueves, 2 de abril de 2020

C. Sociais


UNIDADE 5: A PENÍNSULA IBÉRICA NA PREHISTORIA

Ola! Empezamos cunha unidade nova.  Realicei a unidade para que sexa máis doado a súa comprensión. Tamén para os que non tedes o libro.

 A unidades é a 5 do libro. Ler a páxina 78-79.

As actividades son para dúas sesións os días 2 e 3 de abril.

IMPORTANTE
 As actividades que propoño e os cuestionarios hainos que enviar ao meu correo. Moito ánimo porque é unha unidade moi interesante.


1. A historia e as fontes históricas

  1.1 A historia
A Historia é a ciencia que estudia e dá a coñecer o pasado da especie humana desde que esta apareceu no noso planeta.Non só atende aos feitos ouacontecementos que homes e mulleres coñeceron e viviron, senon tamén aos procesos, á evolución dos mesmos, ata chegar ata o presente, intentando comprendelo. Nunca saberemos cara onde nos diriximos sen coñecer de onde vimos.E todo ocorre nunha dimesión xeográfica, espacial: en algures o home e a muller traballa, caza, vive, loita. Os feitos históricossempre ocorre en tal ou cual lugar: África primeiro, Mesopotamia, Exipto ou a India despois, a Grecia de Pericles e a Roma dos césares, a Europa das catedrais, .....




1.2 As fontes históricas

 https://pabloquintasprimaria.files.wordpress.com/2016/02/diapositiva2.jpg
https://pabloquintasprimaria.files.wordpress.com/2016/02/diapositiva3.jpg
As fontes históricas poden ser escritas ou
non escritas:

As fontes escritas infórmannos a través
de palabras escritas e, por iso, son as máis
importantes. Este tipo de fontes pódennos
chegar a través de documentos legais
(leis, tratados...), prensa (xornais), memorias,
diarios e cartas persoais, libros, etc.
Cando un historiador utiliza como fonte libros
ou traballos que escribiron outros historiadores,
falamos de fontes secundarias.
As fontes non escritas son aquelas que
non utilizan a palabra escrita ou a usan
moi pouco. Este tipo de fontes poden ser:
– Fontes gráficas, se nos proporcionan
información a través de pinturas, fotografías,
películas, mapas, etc.
– Fontes materiais, se nos ofrecen a
información a través de obxectos da
vida cotiá, fósiles, edificios, etc.
– Fontes orais, son aquelas nas que a información
nos chega a través da palabra
falada e non escrita; é dicir, mediante
cancións, relatos, refráns, lendas, etc.


1.3. Tempo cronolóxico e tempo histórico
 Cando estudamos a historia, temos que datar os acontecementos no tempo histórico. Nesta datación utilizamos distintas unidades de medida do tempo, dependendo de se os acontecementos son recentes ou están moi afastados no tempo.
• No primeiro caso, utilizamos os minutos, as horas, os días,
as semanas, os meses e os anos para referirnos a eles.
• No segundo caso, utilizamos unidades de tempo moito
maiores:
– O lustro, que é un periodo de cinco anos.
– A década, que son dez anos.
– O século, que son cen anos.
– O milenio, que é un período de mil anos.

Para medir o tempo histórico, o punto de referencia é o nacemento de Cristo, que se considera ano 0. Os primeiros cen anos antes de Cristo corresponden ao século i a. C., e os cen anos posteriores ao nacemento de Cristo, ao século i d. C.


ACTIVIDADES. Copia e contesta.
1. Que é a historia?
2. A que chamamos fontes históricas?Para que serven?
3. Cales son as fontes escritas? Como poden ser as fontes non escritas?
4. Nomea tres fontes materiais.
 5.Opina. Que pasaría se non existisen
fontes históricas? Cres que sería posible?

5.Cal é a diferenza entre tempo cronolóxico e tempo histórico?
6. Contesta
 Cantos séculos son 300 anos? 
Cantos lustros son 50 años?
Cantas décadas son 40 anos?
Cantos milenios son 4.000 anos?