martes, 21 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS 5º EP

Ola, outro día máis e outro menos!!! Ánimo!!! Estades a facelo estupendamente!!!

Hoxe imos ver as PROPIEDADES ESPECÍFICAS. Lembrade que a materia tiña dous tipos de propiedades, as xerais (masa e volume) e as específicas.

Este tipo de propiedades son características unicamente de algunhas formas de materia, e permiten que diferenciemos uns corpos doutros, uns elementos doutros ou unhas substancias doutras, é dicir, son ÚNICAS dependendo do tipo de materia estudado.

  • DUREZA
A dureza é a resistencia natural de certos elementos (sólidos) a ser raiados. Por exemplo, o diamante (de gran dureza) é difícil de raiar. O xiz (moi brando) pode raiarse cunha uña.
  • FRAXILIDADE
Pon de manifesto a tendencia a romper en moitos anacos.

  • ELASTICIDADE
É a capacidade que ten a materia de recuperar a súa forma orixinal unha vez que desaparece a forza que os deforma. Por exemplo, unha goma do pelo. O vidro non se deforma, rompe... e por exemplo, o alumnio pode deformarse pero nunca recuperará a súa forma orixinal. 
  • VISCOSIDADE
É a resistencia ou non (dun liquido) a moverse. Por exemplo, a auga e pouco viscosa, o mel é moi viscoso.
  • COMPRESIBILIDADE
É a propiedade dalgúns elementos (gases) de reducir o seu volume. Por esta razón, podemos "encerrar" os gases en bombonas ou botellas.
  • DENSIDADE
Refírese a canto de concentrada se atopa a materia nun corpo. É dicir, como de apretadas están as moléculas que están nel. A densidade relaciona a masa dun obxecto com espazo que ocupa (é dicir, o volume). Exprésase en g/cm3 ou kg/m3

A fórmula é a seguinte:

Por exemplo, un Kg de madeira e un Kg de chumbo se distinguen pola súa denside, moito maior no chumbo. As moléculas que o forman están moi apretadas entre sí!

Estes serían os pasos a seguir para calcular a densidade:

Aquí vos deixo uns vídeos para afianzar estes conceptos. Tamén algún que outro experimento sobre densidades:



ACTIVIDADE 1: Cos datos obtidos na actividade 2 da pasada semana, fai o cálculo das densidades. Lembra: eran: unha goma de borrar, unha cenoura, unha cucharada de auga e un cubiño de xeo.
Para os que non a fixéchedes por falta de medios empregade estes datos:

pelota:      masa: 330 g , volume: 900 cm3
cilindro:      masa: 500 g , volume: 1000 cm3
tanque de aceite:      masa: 400 kg , volume: 1600 m3
árbore:      masa: 1200 kg, volume: 900 m3

ACTIVIDADE 2: Deduce: temos dúas bólas macizas de aceiro. Unha ten un volume de 15 cm3, ea otura de 25 cm3.
  1. Terán a mesma densidade? Xustifica a resposta.
  2. Que acontecería se soubésemos que unha das dúas bólas é oca?

ACTIVIDADE 3: Intentade resolver este enigma sobre "O peso das almas". Non desesperedes!!!! Pista: as balanzas...


Podedes realizar a actividade en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo.

Ahhh!!! e a próxima semana resolveredes un cuestionario sobre estes contidos !!! Agardo polas vosas tarefas!!