martes, 21 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS 6ºEP

Aquí estamos un día máis. Espero que o visto a semana pasada esté claro (anatomía do corazón, e os diferentes vasos sanguíneos. Si, verdade????)

Toca o turno do sangue e do ciclo cardíaco:

O SANGUE

Todos sabedes que o sangue é un líquido de cor vermella. Podemos definir o sangue como se fose unha fórmula matemática:

SANGUE = PLASMA + CÉLULAS SANGUÍNEAS


O SANGUE (2)
  • Plasma: é o líquido no que están inmersas as células sanguíneas. É dunha cor media amarela e está formado basicamente por auga, azucres, proteínas e sales.
  • Células sanguíneas: son las siguientes:                     
                     - Glóbulos vermellos: son os máis numerosos e a súa función e transportar osíxeno e                               dióxido de carbono.
                     - Glóbulos brancos: encárganse da defensa.
                     - Plaquetas: son os encargados de taponar e cicatrizar as feridas para evitar hemorraxias.



Por este motivo, as funcións do sangue son: 
  1. transportar os nutrientes (osíxeno, e os productos da dixestión)
  2. eliminar refugallos (dióxido de carbono e os productos de metabolismo celular)
  3. defendernos de infeccións
  4. evitar hemorraxias
  5. e tamén manter a temperatura temporal constante (pero esto verémolo na ESO).

O CICLO CARDÍACO (=LATEXO CARDÍACO)

Para que o sangue poda chegar a todas as partes do corpo precisa dunha bomba que impulse a este líquido por todos os vasos sanguíneos e que retorne a esta bomba e así continuamente. Esta bomba é O CORAZÓN. Formado por un músculo especial que se chama miocardio e que non existe noutra parte do noso corpo.

Para comprender o mecanismo que fai que o sangue circule continuamente temos que ter claros dous movementos: o sístole e a diástole.
  • SÍSTOLE: movemento de contración do músculo cardíaco. Ao contraerse, aprieta o sangue que hai dentro das cavidades e fai que pase dunha cavidade a outra ou cara fora do corazón.
  • DIÁSTOLE: movemento de relaxación ou distensión. Ao relaxarse, o corazón aumenta a capacidade das súas cavidades e permite que o sangue entre nesas cavidades.
Lembrade, que entre as cavidades (aurículas e ventrículos) existen unhas válvulas que impiden o retroceso do sangue e que pase dunha cavidade a outra antes de tempo.

A parte esquerda e dereita do corazón actúan simultaneamente, é dicir, se a aurícula dereita está en sístole, a esquerda tamén... polo que vou a explicar o que acontece no lado esquerdo e eso mesmo está a suceder no dereito!

O sangue entra na aurícula esquerda polas veas pulmonares (veñen dos pulmóns cargadiñas de osíxeno), a aurícula está en diástole (relaxada) para que entre a maior cantidade de sangue posible, e a válvula pechada para evitar que o sangue pase ao ventrículo esquerdo (que nese momento está en sístole). Unha vez que a aurícula está chea de sangue, entra en sístole (se contrae), polo que a válvula se abre e o sangue pasa ao ventrículo esquerdo (que nese momento está en diástole para recibir a maior cantidade posible de sangue). O sangue non sae cara a aorta porque esta válvula está pechada. No momento en que o ventrículo entre en sístole (aurícula en diástole) a válvula aórtica abrirase e o sangue será repartido polo corpo. O lado dereito é igual, solo que o sangue entra polas veas cavas e sae pola arteria pulmonar. Parece máis complexo do que é, calquera dúbida no correo.

Aquí vos deixo unha animación do fluxo do sangue e uns vídeos complementarios:





ACTIVIDADE 1: investiga a razón de por que nos debuxos do corazón ou na animación que vos deixo a parte esquerda do corazón está en cor vermella e a dereita en cor azul?

ACTIVIDADE 2: que pasaría se unha persoa non tivese plaquetas?

ACTIVIDADE 3: o corazón bombea 5 litros de sangue cada minuto. Canto bombeará nun día? e nun ano?

ACTIVIDADE 4: o corazón dunha persoa latexa unha media de 3000 millóns de veces ao longo da súa vida. Se o teu latexa unhas 75 veces por minuto, calcula aproximadamente canto latexou no que levas de vida!!!!

ACTIVIDADE 5: 7,2 millóns de persoas morren de enfermidades cardíacas cada ano, durante o século pasado o seu incremento foi constante, sobre todo nos países industrializados. Investiga cales poden ser as razóns?

Podedes realizar as actividades en Word e envialas por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías coma sempre. As dúbidas no correo.

Ahhh!!! e a próxima semana resolveredes un cuestionario sobre estes contidos !!! Agardo polas vosas tarefas!!