Neste blog tedes as tarefas etiquetadas por curso. Recomendación: ide traballando día a día para non acumular tarefas. Baixo as etiquetas están os nosos mails de contacto para solventar dúbidas académicas con respecto ás tarefas. Cando vos poñades en contacto, indicade no asunto: nome, apelidos e curso (lembrade que nós impartimos en máis dun curso!) Moito ánimo! e... #quedadenacasa
jueves, 2 de abril de 2020
CIENCIAS SOCIAIS 3º EP
VENRES 3/04/20
CIENCIAS SOCIAIS
1. Corrixe os exercicios do martes, fíxate ben cando corrixas de copiar correctamente cada palabra.
Exercicio 1 páx 69
Tamén empregamos a auga para cociñar, para asearnos, para regar, para desfrutar e practicar deportes
Exercicio 2 páx 69
No primeiro debuxo a nena coida a Natureza porque aforra auga tirando os papéis a papeleira e non ao váter.
No segundo debuxo o neno coida a Hidrosfera porque non derrama o aceite polo vertedoiro xa que eso contaminaría a auga do río ou do mar.
2. Realiza o seguinte test seguindo as indicacións e cando remates envíao.
Test Unidade 4
Por favor recordade enviarme os traballos realizados nesta semana, e tamén podedes facer audicións explicando os esquemas.
Tendes unha semana para desfrutar dun merecido descanso.
Coidádevos moito
Unha aperta
Marisé