martes, 14 de abril de 2020

NATURAIS 4ºEP - 14 AO 20 ABRIL

ACTIVIDADES DO 14 AO 20 DE ABRIL


Bos días

Continuamos co tema: a materia e os seus cambios

Déixovos colgado esquema 5.2 para que o estudedes. O que non teña impresora na casa que o copie na libreta de clase (non é necesario que me mandedes a foto).
Adxunto tamén un enlace no que podedes aprender un pouco máis sobre o tema.
Cando xa non teñades dúbidas tentade cubrir, sen buscar nos apuntes, o test 2: "os materiais e os seus usos". As respostas do test chéganme directamente ao premer o botón de enviar que aparece ao final. É obligatorio que contestedes todas as preguntas para poder envialo.

Se tedes calquera dúbida escribídeme :)

Un saúdo e moito ánimo



Esquema 5.2 ESQUEMAS UNIDADE 5 (preme no link para ampliar os esquemas da unidade)





Video explicativo


Enlace ao test 


* Haberá respostas que a pesar de estar ben darávolas como incorrectas. Iso é porque non están escritas igual que as posibles solucións que dou eu. Non vos preocupar que unha vez me chegue o test revisareinos, un por un, para ver se é por iso ou realmente está mal a resposta.