viernes, 3 de abril de 2020

VALORES 2º E.P


Ola a to@s, paréceme moi interesante nestes días traballar as emocións,  por iso propoño unhas actividades para poder gestionar mellor nosas emocións. Estas actividades parécenme interesantes para axudar aos nosos pequenos a entender as emocións.
 
Estas actividades non son para entregar, simplemente para que os nenos e nenas vexan os contos e entender as dúas actividades que propoño.
 Déixovos un vídeo con orientacións para traballar as emocións.
 Propóñovos facer este "Termómetro das emocións".
O neno pode marcar o seu estado de ánimo sen ter que preguntarlle e así poder entender o que lle pasa e poder actuar (falando co nél, preguntarlle o que sente....) .
Podédelo colgar nun sitio visible.
 Volvió el termómetro de las emociones! .... - Planeta Pictograma ...
termómetro de las emociones

1.Actividade inspirada no conto ? Bágoas baixo a cama?


Propóñovos crear un bote das bágoas, para poder poñer dentro distintas emocións e situacións que nos ocorreron e fixéronnos sentir tristes. A idea é que podamos escribir aquilo que nos ocorreu, primeiro paso para a solución é ser capaces de expresar. Cando este cheo, baleiraremos o bote e leremos, veremos de xeito claro que as tristeza como aprendemos no conto ?Despedida de tristeza? vén e vai ; e que unha das mellores estratexias é aprender a transitar pola tristeza con prespectiva.
 Bote de las lágrimas  
2.Facemos unha caixa dos sorrisos.


Actividade inspirada no conto ? E ladrón dos sorrisos? Sabemos que o mellor antídoto contra a tristeza é o sorriso, así que vos propoñemos que fagades unha caixa chea de sorrisos , pequenos papelitos nos que un lado escribiremos algo que nos faga sorrir/sentir ben (unha anécdota, un chiste, unha situación divertida, un recordo etc) e no reverso debuxaremos un gran sorriso. Cando nos sintamos tristes, desanimados, podemos ir á caixa da sorrisos e buscar unha /varios sorrisos