miércoles, 15 de abril de 2020

Viaxe o Reino das Emocións

Sabéis quién me escribió hoy preguntando por vosotr@s?? Draco. Me mandó un dibujo y me escribió una carta para vosotr@; muy atent@s a lo que dice.


Ola rapaces e rapazas!
Hoxe escríbovos dende o meu castelo, para preguntarvos que tal estades levando estes días na casa. Sei que non é fácil, e que botades de menos saír e aos vosos amigos e amigas… eu levo moitos días sen xogar con Durco! Haberá días moi divertidos, con papá  e mamá inventando mil xogos novos, pero tamén días nos que vos sintades tristes ou enfadados por ter que estar na casa. É moi normal, a min tamén me pasa! Pero lémbrome moito da miña amiga do Aloia a ra, e cando me ocorre trato de respirar como ela me ensinou, para calmarme e estar tranquilo. Para estar ben estes días tamén me axuda falar coa xente que boto de menos (sei que por aí tedes teléfonos, e incluso videochamadas!), e facer plans especiais en familia: disfrazarse, karaoke, olimpíadas caseiras, casas con teas, montar un teatro de monicreques na casa, biscoitos…  
Aproveitade estes días para xogar moito coa vosa familia, seguro que estades a descubrir e aprender moitas cousas novas coa súa axuda. 
Mándovos un abrazo enorme de parte de todo o reino da emocións, e lembrade: todo vai saír ben!
Os dejo el enlace de su canción, por si queréis cantarla 😉https://www.youtube.com/watch?v=nU7Ixn6Qg0k