miércoles, 6 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 3º EP


CIENCIAS SOCIAIS 3º EP

 Bos días

1. Por favor, corrixe os exercicios da semana pasada.


Os produtos naturais
Os produtos naturais son aqueles que se extraen da  natureza
Os produtos naturais podes obtelos do campo por exemplo: froitas, hotalizas, madeira...
Tamén nos dan produtos naturais os  animais  como o mel, os ovos, a carne...
Outros produtos naturais como os peixes, mariscos e algas, obtémolos dos  ríos  e  mares.
Os produtos naturais que obtemos do interior da Terra son as  rochas  e os  minerais.

Os produtos elaborados:
Os produtos elaborados son aqueles que se obteñen ao tranformar os produtos naturais. 
As materias primas son os  produtos naturais  que se empregan para obter  produtos elaborados.
A artesanía e a industria son as actividades que tranforman as  materias primas en  produtos elaborados.


Exercicio 4 e 6 da páxina 87

Exercicio 4 páx 87
Obteñen produtos naturais: mineiro, agricultor e pescador.
Obteñen produtos elaborados: zapateiro, carpinteiro e panadeiro.

Exercicio 6 páx 87
Pan: cereais (millo, centeo, trigo...)
Cadeira: madeira
Martelo: mineral (ferro) e madeira ou plástico
Sombreiro: Fibras textiles (tea, la...) palla
Zapato: coiro


TAREFAS PARA ENTREGAR O XOVES 14

 1. Copia o seguinte esquema na  túa libreta ENLACE Esquema A artesanía e a industria


Video O zoqueiro
2. Contesta as seguintes preguntas sobre o video anterior:
 a) En que tipo de actividade se pode clasificar o traballo do video?
b) Cómo se chama a persoa que leva a cabo o traballo, artesán ou traballador industrial?
c) O produto que se obtén é natural ou elaborado?
d) Cal é a materia prima que se emprega?
e) De onde se obtén a materia prima empregada?
f)Pensa nos traballos que coñeces, escribe dous que poida levar a cabo un artesán.