jueves, 14 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 3º EP

CIENCIAS SOCIAIS 3º EP

Bos días:

1. Comezamos correxindo o exercicio da semana pasada.

 Contesta as seguintes preguntas sobre o video anterior:
 a) En que tipo de actividade se pode clasificar o traballo do video?
Clasifícase na artesanía.

b) Cómo se chama a persoa que leva a cabo o traballo, artesán ou traballador industrial?
O traballador que aparece no video é un artesán.

c) O produto que se obtén é natural ou elaborado?
Obtén un produto elaborado.

d) Cal é a materia prima que se emprega?
A materia prima é a madeira.

e) De onde se obtén a materia prima empregada?
A materia prima obtense das árbores.

f) Pensa nos traballos que coñeces, escribe dous que poida levar a cabo un artesán.
Panadeiro e  xoieiro.

Exercicios  da semana do 14 ao 21

Hoxe imos aprender que é o sector terciario ou de servizos ( Son os traballos que non obteñen productos: educación, sanidade, transporte, comercio, policía, bombeiros, turismo,..) 

ENLACE  Videos educativos O sector terciario ou de servizos
                                           O sector terciario 2. Despois de ler detidamente a páx 90 e 91, abre o seguinte enlace e copia o esquema na libreta. 
ENLACE Esquema O transporte, o comercio e o turismo

3. Realiza os exercicios 1 e 2 páx 90 e 5, 6, e 7 páx 91.

4. Agora vaste convertir nun detective, así axúdasme a investigar... Podes axudarte do tema 5 do libro de C. Sociais, preguntando a túa familia, se é posíbel en internet, libros,...

FICHA DE INVESTIGACIÓN

 Tema da investigación:  Os traballos en Galicia
En que traballan os galeg@s para obter produtos naturais e cales son os principais productos naturais galegos?
Cales son as principais industrias de Galicia e onde se atopan?
E por último investiga cales son as principais vías de comunicación, portos, aeroportos e as zonas máis turísticas de Galicia.
Envíame por favor un texto dunhas 10 liñas explicándome a información que atopache. Moitas grazas pola túa axuda.