jueves, 21 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 3º EP

CIENCIAS SOCIAIS

Bos días

1. Correción dos exercicios da semana pasada.

Realiza os exercicios 1 e 2 páx 90 e 5, 6, e 7 páx 91.

Páx 90 ex. 1
O transporte é o traslado de persoas ou mercadorías entre dous lugares, próximos ou afastados.

Páx 90 ex. 2
Transporte terrestre individual: coche e moto.
Transporte terrestre colectivo: tren e autobús.

Páx 91 ex. 5
O comercio é a compra e venda de calquer tipo de produto.

Páx 91 ex. 6
Importar é comprar productos a outros países.
Exportar é vender productos a outros países.

Páx 91 ex 7
O turismo é o desprazamento temporal de persoas para realizar actividades de ocio, descanso ou cultura.
Tipos de turismo: turismo de sol e praia, turismo de neve, turismo rural, turismo cultural,...

Corrección Tema da investigación:  Os traballos en Galicia

As actividades económicas clasifícanse en tres sectores. Dentro destes tres sectores, en Galicia destacan os seguintes aspectos:
A) Sector primario: O sector primario e minoritario en Galicia, xa que só un 10% da poboación se adica a este traballo.

     A.1. Agricultura: Na agricultura contamos con productos como cereais , hortalizas e froitas...  e algún con denominación de orixe, o cal garantiza, que é un produto galego. Por exemplo: Os pementos de Herbón .
     A.2.  Gandería: O tipo de gando e maioritariamente bovino ( destaca a raza rubia galega) e porcino. Destacan productos como o Queixo de Arzúa, Terneira galega,...
     A.3. Pesca: Destaca a pesca de baixura e artesanal das mariscadoras. 
     A. 4. Acuicultura: É a producción en bateas do produto Mexilón de Galicia.
     A.4. Minería: Destacan as canteiras de granito de Porriño
     A.5. Silvicultura: Galicia ten una importante actividade relacionada co cultivo de madeira.

B) Sector secundario

     B.1. Metalurxia: Son empresas que traballan co metal para fabricar distintos tipos de estructuras metálicas, para ventas, portas, tellados,...
     B.2. Construcción de buques como Vulcano
     B.3. Textil: Por exemplo Zara
     B.4. Automovilística: En Vigo Citroen
     B.5. Madeira: a industria madereira é moi importante. 
     B.6. Industria Pesqueira: Pescanova.
     

C) Sector terciario ou de servizos

     C. 1.  Comercio: Galicia importa moitos productos de China e exporta viños e pescado.
     C.2.  Transporte: As principais vías de comunicación terrestre son a  AP9 e a  A52 e as liñas de ferrocarril. Galicia ten tres aeroportos Vigo (Peinador) Santiago (Lavacoia) e o de A Coruña (Alvedro)
     C. 3. Turismo: Os lugares máis turísticos de Galicia son O Parque Nacional das Illas Atlánticas,  Catedral de Santiago, Praia das catedrais, Cabo Fisterra, Muralla Romana de Lugo, Termas de Ourense, Torre de Hércules, etc.



2. REPASA OS ESQUEMAS QUE COPIACHES NA TÚA LIBRETA DESTE TEMA 5.
    MIRA DE NOVO OS VIDEOS EXPLICATIVOS DESTE TEMA.

ENLACE do sector primario: pesca, ganderia, agricultura e minería.
   ENLACE

ENLACE  Video explicativo produtos naturais e elaborados
ENLACE  Video Materia Prima
ENLACE  Videos educativos O sector terciario ou de servizos
                                           O sector terciario

3. DESPOIS DE REVISAR OS ESQUEMAS E VER OS VIDEOS REALIZA O SEGUINTE CUESTIONARIO E CANDO REMATES DALLE A ENVIAR.

ENLACE  Cuestionario de repaso do tema 5 "Os traballos".