Hoxe imos ler e tentar comprender as ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO SECTOR SECUNDARIO.
O sector secundario está formado por aquelas actividades e os seus traballadores que transforman as materias primas en produtos elaborados.
1) Ler e observar os mapas e as imaxes das páxinas 90, 91 e 92.
2) Ver os seguintes vídeos para axudarnos a comprender mellor:
O SECTOR SECUNDARIO I
O SECTOR SECUNDARIO II
3) Fai os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 91.
4) Fai a seguinte ficha e cando remates dalle a "terminado", tendo en conta que:
- A industria pesada adícase á extración e transformación das materias primas, tales como as minas nas que se extraen os minerais usados na siderurxia, o petróleo e a fabricación de maquinaria necesaria para tales fins.
- A industria lixeira é normalmente menos intensiva no uso de capital ca industria pesada, está máis orientada ao consumidor final que ao intermedio por parte doutras empresas. Por exemplo: a industria téxtil, alimentaria ou de electrodomésticos.
- PINCHA: FICHA SECTOR SECUNDARIO. Cuando o remates, volve a ver as túas respostas, estarán marcadas en verde as que acertache e en vermello as que non. A última pregunta é para pensar un pouquiño e ten dúas respostas boas. ¡Ti podes!
HOXE NON HAI QUE ENVIAR NADA POR CORREO.
Estades a facer un gran traballo.
Unha aperta rapaces e rapazas.