jueves, 14 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 5º EP

Bo día:

Hoxe imos ler e tentar comprender as ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO SECTOR TERCIARIO.

O sector terciario ocupa as persoas que non obteñen produtos, senón que prestan servizos. É o máis importante para a economía do noso país, pois é o que xera máis riqueza.  


Pasos:

1) Ler e observar o mapa e a gráfica das páxinas 94 e 95.

2) Ver os seguintes vídeos para ter unha pouca máis de información:
O SECTOR TERCIARIO I
O SECTOR TERCIARIO II

3) Fai os exercicios 1 e 2 da páxina 94 e 4, 5, 6, e 7 da  páxina 95.

4) Contesta a seguinte ficha e cando remates dalle a "terminado", despois volve a subir a ficha e vótalle unha ollada as respostas.
FICHA INTERACTIVA: SECTOR TERCIARIO 

5) Investiga a qué se adican dúas persoas do teu entorno e envíamo por correo co ASUNTO: CCSS ACT. ECONÓMICAS.
a) Describe o seu traballo.
b) Clasifíacao nas actividades do sector primario, secundario ou terciario.
c) Dentro do sector, busca a qué tipo pertence.

Por exemplo:
a) A miña irmá é monitora de esquí. O seu traballo consiste en ensinar a desplazarse cos esquís pola neve a xente de todas as idades que queira aprender a esquiar.  Tamén entrena a un clube de rapaces e rapazas que participan nas competicións dos deportes de inverno, na modalidade de esquí alpino. Ela só traballa 6 meses ao ano e desenvolve o seu traballo nas montañas de Aragón.
b) A súa actividade económica pertence ao sector terciario, xa que presta servizos.
c) Dentro deste sector, forma parte do turismo de neve.


Moi ben, se rematache, consulta a seguinte imaxe para revisar os exercicios da páxina 94 e 95. Non hai que envialos por correo.




Unha aperta rapaces e rapazas.