Bo día:
Hoxe imos indagar na nosa historia e descubrir os acontecementos da Idade Media.
É moi importante coñecer o pasado para poder comprender mellor o presente.
A IDADE MEDIA COMEZA COA CAÍDA DO IMPERIO ROMANO NO ANO 476 d.C E REMATA CO DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA EN 1492.
1) Ver: O IMPERIO ROMANO E A SÚA CAÍDA
Cando o imperio romano comezou a debilitarse, fíxose posible a entrada no seu territorio de diversos pobos xermánicos, a eses pobos, os romanos chamáronlle "bárbaros" que en latín significa "extranxeiros".
Nese momento, o emperador por aquel entonces, Teodosio I, ca intención de fortalecer o seu territorio e defendelo mellor, decidiu dividilo en dúas partes:
- O imperio romano de occidente- capital Roma.
- O imperio romano de oriente- capital Constantinopla.
Deste xeito, puideron aguantar case un século máis as invasións xermánicas, pero no ano 476, o pobo ostrogodo, tomou Roma e destronou o emperador Rómulo Augústulo e isto provocou a caída definitiva do imperio romano de occidente.
Entón, cada tribo xermánica foi asumindo o poder no territorio que ocupaban. A Hispania (España na actualidade) foi tomada polos suevos e os visigodos.
2) Ver: O REINO VISIGODO EN ESPAÑA
No ano 415, os romanos solicitaron a axuda dos visigodos da Galia a cambio de terras, desta maneira foron ocupando a maior parte da Península Ibérica.Mantiveron as cinco provincias nas que os romanos a tiñan dividida, establecendo a capital en Toledo e acabaron converténdose ao catolicismo no ano 589 grazas ao seu rei Recaredo.
No ano 711, os visigodos estaban enfrentados entre eles mesmos pola sucesión ao trono, nese momento, os musulmáns aproveitaron para desembarcar ao sur da Península, poñendo fin ao reino visigodo tras dous séculos.
3) Ver: RESUMIENDO...
Como podedes ver, a nosa historia é emocionante e seguiremos profundizando nela.
Actividades para mandar por correo:
1. Explica que sucesos tiveron lugar nestes anos: 415, 476, 589 e 711.
2. Por que motivos solicitaron os romanos a presenza dos visigodos en España?
3. Cando se produciu o final do reino visigodo? Cal foi o motivo?
4. Fai un vídeo no que expliques cas túas propias palabras os acontecementos dende a caída do imperio romano ata a chegada dos musulmáns a Hispania. Non o borres despois de envialo por correo, xa que seguiremos contando a historia e o imos necesitar.
OS QUE POIDADES ESCRIBIR AS RESPOSTAS NO PROPIO TEXTO DO CORREO, MOITAS GRAZAS DE ANTEMÁN.
Moito ánimo peques!