Xa é de día en Vila Pingüín!!
Como estades hoxe?? Preparados para o que vén?? Si?? Ímos aló!!
Esta mañá gustaríame que traballásemos a escritura, pero dun xeito creativo. A única condición é que teñe que ser en galego. Temos que buscar palabras que nos gusten, que non sexamos capaces de pronunciar do difíciles que son, que nos fagan gracia ó oílas...
Como podemos facer?
Primeiro: necesitamos un apuntador ou apuntadora que escriba todas as palabras que nos veñan á cabeza (amorodo, bolboreta, aperta, maruxiña, peideiro/a, agarimo, repunantiño/a, enxebre, bico, sapoconcho, flocos de millo, lecer, cheiro, orballo, ledicia, morriña, toxo, lucecú...) (poderíamos estar así ata mañá 😅)
Segundo: podemos facer un mural con todas esas palabras de distintos tamaños, diferentes cores, en distintos papeis... e poñelo onde máis os guste.
Ahí vai unha idea
Pero o máis importante, sabedes o que queren dicir??
A ver cantas sabedes!! 😊