"A FÁBULA: A RAPOSA E AS UVAS" "
Había unha vez unha raposa que
estaba morta de fame. Levaba tempo de
arriba para abaixo buscando algunha cousa para matar o bicho cando foi
parar a unha viña espléndida. As vides estaban emparradas e un acio colgaba,
maduro e tentador, por enriba da súa cabeza.
- Agora sí que sacarei barriga
de mal ano! - Exclamou a raposa, contentísima.
Estirou o fuciño aguzado e probou de chegar a uns cantos. Pero estaban
demasiado altos e non os puido tocar.
Despois foise cara atrás para
coller impulso e dar un gran salto.
E deuno, e saltou…, pero non lle foi abondo: a uva nin sequera lle rozou
os dentes.
Pobre raposa, deu saltos e
saltos e saltos!
Pasado un bo tempo, a raposa resopraba; estaba rebentada e seguía tendo fame.
Ergueu a cabeza, mirou para as uvas cun chisco de rancor levantando o
morro, virou o rabo con moita dignidade e dixo:
- Abofé que podería fartarme se quixese,pero, agora que me fixei ben,
este acio aínda está ben verde e non vale nada
ESOPO
A fábula é unha narración, xeralmente
protagonizada por animais, que transmite unha ensinanza moral. Os animais que
protagonizan as fábulas compórtanse coma seres humanos, é dicir, o autor
personificounos. Isto serve para que as persoas se vexan representadas neles e
aprendan algunha cousa da historia que protagonizan.
1.Fai un resumo do texto
2.Lee a fábula e responde
estas preguntas.
-Que
calidades humanas che parece que ten a raposa?
-Xustifica a túa resposta
-Cales
destas calidades cres que son defectos?
-Cales son virtudes?
-De que ensinanza nos fala esta fábula?
-Que quere dicir con esta
expresión
“
Podía fartarme se quixese pero están ben verdes e non valen nada”