Si pensamos un pouco nos damos conta que o tempo pasa moi pronto.
- Acórdasche de cando tiñas 3, 4 e 5 anos?
-Ufff ...Como pasa o tempo!!!!!
Empezamos un tema novo O PASO DO TEMPO.
Empezaremos pola nosa historia, para comprender acontecementos que pasan e moitas veces non nos damos conta que formamos parte da historia.
A túa historia, a miña historia, a de todos nós... É historia.
1.Escribe un acontecemento que viviches no pasado, outro que estás vivindo agora e outro que che gustaría vivir no futuro.
2 Que fai que as persoas, os animais e as plantas cambien?
3. Cales son as etapas da vida? Ti en que etapa estás?
4. Que instrumentos utilizamos para medir o paso do tempo? Recordas cantos anos son un século?
5. Colle un calendario e despois realiza estas actividades.
6..1.En qué mes estás? Cal é o mes anterior? Y el posterior? Cando é o teu aniversario?
7. Recordas que era unha árbore xeneolóxica e para que serve?
8. Investiga con axuda dun adulto como vestían as persoas hai 2 séculos.
Non esquezas nunca o teu pasado, para entender o teu presente e mellorar o teu futuro.
Mar