C. SOCIAIS 3º EP
BOS DÍAS
I. Comezamos coa corrección dos exercicios da semana pasada.
1) Cales son as ferramentas para estudiar o paso do tempo?
As ferramentas que nos serven para estudar para estudar o paso do tempo son: O reloxo, calendario, fotos, videos, monumentos, libros, rúas, edificios e museos.
2) Que meterías nunha cápsula do tempo?
Metería por exemplo xoguetes, libros, xornais, fotos,... para que no futuro saiban como vivimos agora.
3) Define que é a historia?
A historia e o conxunto de acontecementos que ocorren no pasado e que merecen ser recordados.
4) Escribe una pequeña redacción (10 liñas) contando parte da túa historia persoal. E fai un debuxo que te represente no pasado, outro no presente e outro no futuro.
Resposta libre.
5) Descobre cantos anos esconden as seguintes adiviñas:
A) Rosalía de Castro vivíu case cinco décadas. 50 anos
B) Hai catro séculos construíuse una muralla en Vigo. 400 anos
C) As pirámides de Exipto construíronse hai case cinco milenios. 5000 anos
D) Hai catro lustros a nosa moeda era a peseta. 20 anos
Hoxe imos aprender as etapas da Historia
ENLACE Xogo da máquina do tempo
NOTA: Debemos engadir a esta liña do tempo a IDADE DIXITAL
II. Despois de ver o seguinte video, contestade as preguntas:
ENLACE As idades da historia
A) Para estudar mellor o noso pasado, os historiadores dividírono en dous grandes períodos. Cales son?
B) O descubremento do lume, en que etapa histórica se produce?
C) Cando comeza o ser humano a practicar a gandería e a agricultura?
D) Cando aprenderon os seres humanos a manexar os metáis?
E) Que invento moi importante marcou o comezo da historia?
F) En que etapa histórica se construiron moitos castelos e comeza coa caída do Imperio Romano e remata co descubremento de América?
G) Cal é o acontecemento que marca o comezo da Idade Contemporánea?
III. TRABALLO VOLUNTARIO Para os que vos apasione a Historia podedes disfrutar desta selección de videos.
Enlace A Liña do Tempo
ENLACE A Prehistoria
ENLACE O Imperio Romano
ENLACE A Idade Media
ENLACE O descubrimento de América