Bos días
I. Para comezar imos correxir as tarefas da semana pasada
A) Para estudar mellor o noso pasado, os historiadores dividírono en dous grandes períodos. Cales son?
Son a Historia e a Prehistoria
B) O descubremento do lume, en que etapa histórica se produce?
Prodúcese no Paleolítico
C) Cando comeza o ser humano a practicar a gandería e a agricultura?
Descúbrense no Neolítico
D) Cando aprenderon os seres humanos a manexar os metáis?
Aprenderon a manexar os metáis na Idade de Bronce ou na Idade dos Metais.
E) Que invento moi importante marcou o comezo da historia?
O que marca o comezo da historia é a escritura
F) En que etapa histórica se construiron moitos castelos e comeza coa caída do Imperio Romano e remata co descubremento de América?
A etapa que comeza coa caída do Imperio Romano e remata co descubrimento de América é a Idade Media
G) Cal é o acontecemento que marca o comezo da Idade Contemporánea?
O feito que marca o comezo da Idade Contemporánea e a Revolución Francesa.
NOTA IMPORTANTE:
AS RESPOSTAS DEBEN SER ORACIÓNS, POLO TANTO DEBEN TER UN VERBO.
II. Debes realizar un video no que expliques coas túaas palabras "As idades da Historia".
A Idade Dixital que vai dende 2010 ata a actualidade.
Os avances destacados son Internet, Robótica, a Intelixencia Artificial...
III. Para repasar os contidos deste tema
ENLACE Aprendo xogando
ENLACE Xogo das idades da historia