jueves, 4 de junio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS 5º EP

Bo día:

Continuamos afondando na historia.

AL - ÁNDALUS


Primeiro debemos saber algo sobre os musulmáns:

Mahoma foi un home que naceu na Meca no ano 570. Aos 40 anos recibiu a revelación de Deus (Alá) e comezou a predicar a súa doutrina: o ISLAM, que quere dicir, a submisión á vontade dun único Deus (Alá). 
Os practicantes do islam, chamáronse musulmáns. Según a súa doutrina que está recollida nun libro chamado Corán, un bo musulmán debe cumprir os seguintes cinco requerimentos:
1. A profesión de fe.
2. A oración cinco veces ao día mirando á Meca.
3. O xaxún no mes de Ramadán.
4. A esmola aos necesitados.
5. A peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida.
Agora, continuamos ca entrada dos musulmáns polo sur da Península no ano 711:


 Tras ler, pincha neste enlace: Historia: AL - ÁNDALUS 


Contesta no teu caderno:
1. Para ser un bo musulmán, qué mandamentos tes que cumprir?
2. Cales foron as principais achegas dos musulmáns?
3. Observa os mapas, o primeiro comenzando pola esquerda é o de al-Ándalus durante o emirato, e o seguinte, é durante o califato. Que diferenzas ves entre ambos dous? Que cidades pasaron dos musulmáns aos cristiáns?
4. Ordena cronolóxicamente: califato de Córdoba, reinos de Taifas, invasión musulmá e emirato, reino nazarí de Granada. 
5. Investiga sobre un personaxe relavante de al-Ándalus. Exponmo xunto co vídeo desta semana.
6. Fai un vídeo no que me contes, ser ler, cas túas palabras, o final do reino visigodo e a formación e evolución de al-Ándalus.

Envía as túas actividades por correo: albavillarpossumus@gmail.com


¡Moito ánimo!