O ADVERBIO
.É unha clase de palabra que indica onde, como e cando se producen os feitos.
CLASES
.Adverbio de tempo indica cando se produce a acción: antes, agora tarde, cedo...
.Adverbio de lugar indica onde se realiza a acción: aquí, alá, dentro...
.Adverbio de modo indica como se realiza a acción: ben, mal, estupendamente...
.Adverbio de cantidade: máis, moito, abondo...
.Adverbio de afirmación: sí, certamente, abofé...
.Adverbio de negación: non, tampouco...
.Adverbio de dúbida:quizais, talvez, seica...
REPASAMOS E FACEMOS NA LIBRETA
1.Copiamos na libreta a definición e as clases.
2.Fíxate nas palabras destacadas e di que tipo de adverbio son:
Cheguei tarde á estación.O tren xa marchara. Fun ao despacho de billetes, e alí dixéronme que tiña outro ás dúas. Aproveitei para dar unha volta e tomar o sol , e se estaba estupendamente.
3.Subliña os adverbios e di a clase:
.Certamente tiña a razón
-Pensou que nunca voltaría
-Barucho! ven aquí xa-Pilarín sempre está contenta.
-A data dos billetes é a de onte.
-As fins de semana levántome cedo.
-Achégate aquí se queres saír na foto.
-Atópome ben
4.ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REPASO. ENTRA E PINCHA EN : ADVERBIO E FAI A ACTIVIDADE NO SEGUINTE ENLACE:
https://librodigital.edistribucion.es/scorm_player/index.php?licencia=CG9B-579U-PD9N-T644&urllibro=L2JpYmxpb3RlY2EtYW5heWEvbGlicm8vMjY0MzcyNi82MzQ3ZjkwZTI1Yzg1NTVmNTcyNGMwOWVkYTUyMTRkNjA4ZTIyZWExNjc0ZWQwZGRkOTI5ZDU3NTk2OTVhN2IwLTIyMTE3LTIwMjAwNjAxMjAwOTI1L2luZGV4Lmh0bWw=