Hoxe imos ver os monumento e personaxes históricos.
1.Que é un monumento histórico?
Os monumentos
históricos son edificios importantes do pasado que
se conservaron ata o presente.Teñen
un gran valor e é importante que se conserven ben para o futuro. Hai moitos tipos de monumentos:
castelos, catedrais, pontes,
igrexas, pazos, etc.
Contesta no caderno
1. Que é un museo?
2. Que é un monumento?
3. Coñeces algún museo? Onde está? De que era o museo?
4.Coñeces algún monumento? Cal? Onde está?
2. Que é un personaxe histórico?
Son persoas do pasado que destacaron por facer algo importante para a humanidade. Poden ser pintores, escritores, músicos, descubridores, científicos... .
Visitamos o museo do Prado (Madrid) virtualmente e tamén o museo de fósiles de dinosaurios de Costa Rica.