Nota:
Hoxe vémonos en CONEXIÓN VIRTUAL ás 12:00 h.
Espérovos!
Día Mundial do Medio Ambiente
5 de xuño
8 de xuño celébrase o Día dos Océanos
Na plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde”,imos traballar cinco pezas audiovisuais protagonizadas pola Framilia Trebón e orientadas cara a unha temática común: un mar limpo. Son as seguintes: • Mapa do tesouro. • Animais en perigo polo plástico. • Protexendo as aves. • Os restos da merenda.
Tamén imos traballar boas prácticas, para coidar o Medio Ambiente.
Este
ano para coidar o Medio Ambiente,temos un lema.
Desplastifícate: di NON aos plásticos de usar e tirar
1. Copia no caderno o lema para este ano do Medio Ambiente.
2. Que cres que nos quere dicir este lema?
3. Pensa un ratiño, cres que utilizamos na vida diaria moitos plásticos?
4. Agora intenta facer unha lista de cousas que leven plástico e non se podan reutilizar.
5. Como ti poderías solucionar o problema?
6.Le o seguinte e pensa.
Sabes que coa crisis sanitaria do COVID-19,e durante a
etapa de confinamento, e debido á imperiosa necesidade de distanciar no tempo a
compra de produtos básicos, priorizouse a adquisición de artigos sobreenvasados
co fin de garantir a súa correcta conservación?
Unha vez que camiñamos cara á normalidade, deben impoñerse as boas prácticas orientadas á redución da produción de lixo, prescindindo dos envases e embalaxes superfluos.
Unha vez que camiñamos cara á normalidade, deben impoñerse as boas prácticas orientadas á redución da produción de lixo, prescindindo dos envases e embalaxes superfluos.
Boas prácticas
- Leva a túa propia bolsa reutilizable á compra (de tea, de rafia natural, unha cesta) ou ben o tradicional carriño. A bolsa de plástico utilízase unha media de 15 minutos, pero pode tardar séculos en degradarse na contorna.
- Na casa e fóra de casa, opta por botellas de auga reenchibles, preferiblemente de aceiro inoxidable ou vidro.
- Rexeita as pajitas plásticas (hainas de aceiro, bambú ou papel), así como os pratos, vasos e cubertos fabricados con plástico. En 2021 estarán prohibidos na UE.
- Dá preferencia aos produtos comercializados a granel e, na medida do posible, elixe os envasados en cartón. Para almacenar os alimentos, mellor o vidro e as latas (de aceiro ou aluminio). Descarta bolsas, papel filme e recipientes plásticos.
- Non esquezas que os microplásticos tamén están presentes na composición dos cosméticos e outros artigos de hixiene.
- Elixe, sempre que poidas, produtos fabricados con materiais biodegradables. As alternativas son numerosas: desde peites de madeira ata esponxas de celulosa.
- Prioriza as pinzas de madeira para tender a roupa e procura prescindir das cápsulas de café.
- Á hora de regalar, mellor obxectos que non conteñan plásticos e estean fabricados con materiais reciclados.
- En festas e celebracións, evita o confeti plástico, así como os globos. Os tradicionais de poliuretano poden permanecer máis de 400 anos na natureza e, os de látex, aínda que son biodegradables, poden tardar anos en degradarse se chegan ao mar; en contacto co aire, ata 2 ou 3 meses.