Neste blog tedes as tarefas etiquetadas por curso. Recomendación: ide traballando día a día para non acumular tarefas. Baixo as etiquetas están os nosos mails de contacto para solventar dúbidas académicas con respecto ás tarefas. Cando vos poñades en contacto, indicade no asunto: nome, apelidos e curso (lembrade que nós impartimos en máis dun curso!) Moito ánimo! e... #quedadenacasa
lunes, 23 de marzo de 2020
C. Sociais 2ºE.P
Actividades para facer 23/03/2020 e 25/03/ 2020 Repaso Unidade 2
Copia e aprende
As actividades que obteñen produtos da natureza son: a agricultura, a gandería, a pesca e a minería.
Agricultura: Cultivo da terra para obter froitas, verduras, cereais... Usan ferramentas e máquinas como a aixada, a fouce, o tractor...
Gandería:Cría de animais para obter leite, ovos, carne, peles, etc. Utilizan máquinas como a muxidoira e a máquina tosquiadora.
Pesca:Captura de peixes e outros animais mariños que se chaman produtos pesqueiros. Usan barcos, redes e canas
Minería:Consiste en extraer da terra os minerais e as rochas. Estes materiais úsanse na construción, en xoiería, etc
1. Escribir no caderno o nome de varios produtos e relacionaranos coas profesións que os obteñen:– leite, costeletas, salmón, carbón, tomates, polo, mine-ral, lagostinos, cordeiro, garavanzos;
– Gandeiro :
- Pescador:
- Agricultor :
- Mineiro:
2. Copiar no caderno «todos os traballos son necesarios e importantes». Logo describir a profesión que che gustaría ser cando sexas maior.
3. Nomear diferentes produtos que pode obter e os utensilios que utilizan:
Agricultor:
Gandeiro:
Mineiro:
Pescador:
Copia e aprende
Nas fábricas e nos talleres transforman os produtos e materiais extraídos da natureza noutro tipo de obxectos que consumimos a diario.
Escribe T de taller ou F de fábrica
Traballan moitas persoas e utilizan máquinas complicadas.-------------
Utilízanse as mans ou ferramentas sinxelas.-------------
Traballan os oleiros.------------
En pouco tempo, elabóranse moitos produtos iguais á vez---------------
Para saber máis.
Hai algúns anos, nas rúas traballaban os serenos, eran persoas que de noite vixiaban as rúas e cando os chamabas dando palmadas viñan e abrían as portas dos por-tais. Adoitaban dicir a hora que era e se chovía ou estaba o ceo sereno; por iso, o seu nome.O pregoeiro ía a distintas poboacións, tocaba unha corneta para reunir a xente.
Proxecto de investigación
Os nenos investigarán sobre unha profesión e realizarán un traballo no que presenten fotos sobre a vestimenta especial que usen en cada traballo, ferramentas e función para iso, poden facer un debuxo da profesión elixida e dos obxectos relacionados con ela.