Ola rapaces, como xa sabedes, o tema da relación humana está finalizado e avaliado polo que imos tratar de facer (cada un na medida en que se sexa posible) o traballo que xa tíñades plantexado. Por unha desafortunada casualidade, o traballo está relacionado coa Saúde e a Enfermidade, e cada un de vós ten que buscar información sobre unha en concreto. Por si non tedes con vós a planilla de traballo aquí vai:
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN (Enfermidades)
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN (Enfermidades)
·
O traballo debe ter unha extensión aproximada de 3 folios, escritos a man, con bolígrafo e por unha soa
cara. Todas as fotografías ou debuxos que se aporten irán ao final do
traballo, e sempre cun pé de foto que explique de que se trata.
·
O traballo deberá contar cos seguintes apartados:
0.
Portada
Título do traballo.
Fotografía (non obrigatoria), ou debuxo relacionado co
título do traballo.
Nome do alumno.
Curso.
Data.
1.
Introdución
Que enfermidade nos tocou. Xa a coñecías?
É unha enfermidade actual ou doutra época histórica?
Como se descubriu?
2.
Enfermidade.
Tipo de enfermidade que é, a que
sistemas ou órganos afecta, quen a transmite e cal é o axente causante…
Ten cura? Cal?
É contaxiosa? De ser o caso, como se
contaxia?
Etc …
3.
Bibliografía
De onde obtiven a información (nome dos libros de
consulta empregados, nome das revistas empregadas, enlaces das páxinas web, etc).
Data de entrega: Mércores 15 de abril de 2020
A data de entrega prevista inicialmente era o 15 de abril, por suposto, esta data será modificada segundo as nosas necesidades, non vos preocupedes!
Para comenzar, iremos realizando unha pequena investigación sobre a vosa enfermidade, nesta primeira semana buscade información sobre o punto 1 (introdución). E por suposto facede unha boa portada.
Supoño que a estas alturas e coa información recibida nos medios sabedes de sobra como se transmite unha enfermidade (non todas o fan do mesmo xeito), aquí tedes un enlace para investigar un pouquiño. Pero o importante é non estar en contacto co virus, bacteria, fungo ou protozoo, polo tanto #quédatenacasa
Como se contaxian os xermes e por que nos enferman?
Enfermidades infecciosas e non infecciosas.
Como previr enfermidades?A vacinación.
De momento xa tedes suficiente para poder ir adiantando o traballo. E repito, cada un na medida das súas posibilidades, que vaia xestionado o seu tempo para a súa elaboración.
Moito ánimo e "pa" diante!