Ola a tod@s, como ben sabedes, temos un examen pendente... non vos preocupedes, á volta xa falaremos diso.
Para que os conceptos da unidade queden claros, vouvos poñer unha serie de enlaces que explican o funcionamento dos aparatos e sistemas que traballamos ao longo da mesma.
Empezaremos, estes días, polo aparato dixestivo:
Unha vez vistos os vídeos, e co funcionamento do aparato dixestivo claro, cada un de vós (na medida en que vos sexa posible) deberedes buscar información sobre os tipos de nutrientes e o etiquetado dos alimentos (se non tedes con vos a libreta de naturais, podedes escribir nunha folla e á volta pegarémola na libreta!, que esto non sexa un impedimento para non investigar!).
Guía de traballo:
- Nutrientes:
inorgánicos: auga e sales minerais.
orgánicos: hidratos de carbono (glícidos), lípidos (graxas), proteínas e vitaminas.
- Etiquetado:
que etiquetas levan os alimentos?
a orde na que aparecen os ingredientes ten algún significado? Cal?
Engade calquera outra curiosidade que atopes.
Por último, nesta semana, se nos aburrimos un pouco rétovos a facer unha maqueta do aparato dixestivo con material reciclado. Á volta verémolas todas! e lembra #quédatenacasa
Moito ánimo!