Neste blog tedes as tarefas etiquetadas por curso. Recomendación: ide traballando día a día para non acumular tarefas. Baixo as etiquetas están os nosos mails de contacto para solventar dúbidas académicas con respecto ás tarefas. Cando vos poñades en contacto, indicade no asunto: nome, apelidos e curso (lembrade que nós impartimos en máis dun curso!) Moito ánimo! e... #quedadenacasa
domingo, 15 de marzo de 2020
CIENCIAS SOCIAIS 4º E.P
Repaso da unidade 3. A atmosfera e o clima 20/03/2020
Ola! As dúas actividades para esta semana da unidade 3 quiteinas xa que necesita ter descargado no voso computador Adobe Flash Player, propóñovos unhas novas.
Realiza o climograma (gráfico) , copia e contesta as preguntas)
TEMPERATURAS: ·
1. Cal é a temperatura media anual? ·
2. Cal é o mes máis caloroso e o mes máis frío? ·
3. Como é a oscilación térmica entre o mes máis cálido e o mes máis frío? ·
4. Dirías que é un clima cálido?frío?temperado?.
5.Saberías dicir a que hemisferio pertence?
6. Cal é a temperatura media anual?
PRECIPITACIÓNS
1. Cal é a precipitación media anual?
2. Cal é o mes que máis precipitacións concentra? E o que menos?
3. En que estacións concéntranse?
NOTA:
Todos os alumnos teñen que repasar o tema 3. Os que teñen pendente por facer o control de sociais do tema 3., teñen que presentarme un traballo que conteste ás seguintes preguntas:
1.Que é o tempo atmosférico e o clima?
1.1 Elementos do tempo e oclima
1.2 Instrumentos para medir: presión atmosférica, temperatura, vento, humidade do aire e precipitacións..
2.O impacto das actividades humanas no medio natural. Un problema de todos.
2.1 Medidas preventivas para salvar o noso planeta.
3. Cales son os factores climáticos?
3.1. Como nos afecta o cambio climático?
3.2. O cambio climático e as actividades económicas.
O traballo é soamente para os alumnos que teñen que recuperar a unidade 3.Hai que facelo nestas dúas semanas e entregar á volta .