martes, 14 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS 5º

Ola rapaces, xa estamos de volta. Espero que tod@s estedes ben!!! Tamén espero que houbese desconexión durante estes días. Agora toca volver a establecer uns horarios de traballo para ir facendo as tarefas e non agobiarse!!! Lembrade, as dúbidas no correo electrónico.

Imos empezar cun repaso do visto ata o de agora. Arrastra os recadros de cores aos seus lugares correspondentes:




Feito o repaso, imos ver agora como se miden a masa e o volume.

MEDICIÓN DE MASA E VOLUME
  • A MASA: xa sabemos que a masa se mide con balanzas e básculas, porque o resultado que obtemos ven dado en g, kg, toneladas, etc. Chega con poñer un obxecto sobre a báscula para obter a súa masa. Pero que pasa cando queremos pesar substancias que non son sólidas (é dicir, líquidos e gases!!!). Neste caso temos que recurrir ao que se chama DOBRE PESADA, é dicir, primeiro pesamos un recipiente baleiro, logo vertemos nel o líquido e volvemos a pesar. A diferenza entre a segunda pesada (recipiente + líquido) menos a primeira pesada (recipiente) daranos o peso do líquido. Moitas básculas teñen a función de TARA, é dicir, unha vez que colocamos o recipiente baleiro, podemos facer que a báscula marque cero de tal xeito que o peso do líquido aparece directamente na báscula (polo que non haberá que facer a resta).
  • O VOLUME: se temos que medir o volume dun líquido o proceso é moi fácil. Unicamente, meter o líquido dentro dunha probeta e ver ata onde chega. Os líquidos podemos medilos en litros, decilitros, mililitros, etc. Pero,... como podemos medir o volume dun sólido (non regular) como unha rocha? Non é tan difícil!!! Non me esquezo.... esta será unha das vosas tarefas desta semana.
Aquí vos deixo algúns vídeos onde se explica esto perfectamente!




ACTIVIDADE 1: investiga como podemos medir o volume dun sólido (por exemplo, unha tuerca).

Podedes realizar a actividade en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo!

ACTIVIDADE2: aqueles que teñades en casa unha báscula (de cociña, sexa dixital ou de agullas) e que teñades un vaso medidor (como os que se empregan en repostería), ides enviarme as masas e o volume de: unha goma de borrar, unha cenoura, unha cucharada grande de auga e un cubiño de xeo. Ademáis de mandar a masa e o volume, explicade en cada caso os pasos seguidos para acadar o obxectivo.

ACTIVIDADE 3:  resolve este cuestionario (pero unicamente cando estés seguro de comprender o explicado e cando teñas feitas as dúas actividades anteriores). Non hai presa, tes de tempo ata o luns próximo!!!