martes, 14 de abril de 2020

CIENCIAS NATURAIS 6º EP

Ola rapaces, xa estamos de volta. Espero que tod@s estedes ben!!! Tamén espero que houbese desconexión durante estes días. Agora toca volver a establecer uns horarios de traballo para ir facendo as tarefas e non agobiarse!!! Lembrade, as dúbidas no correo electrónico.


APARATO CIRCULATORIO: O SANGUE

Imos continuar repasando o visto na clase. Toca o turno ao aparato circulatorio. Para empezar, as 4 funcións básicas do aparato circulatorio son:

  • Leva os nutrientes ás células (tanto os procedentes da dixestión como o osíxeno).
  • Leva os refugallos das células ao aparato excretor (para expulsalos en forma de ouriños, suor ou dióxido de carbono).
  • Intervén na defensa do organismo (grazas aos glóbulos brancos!).
  • Axuda a manter a temperatura corporal (como se  fose un radiador).

O aparto circulatorio está formado por:
  • Corazón: para conseguir levar a cabo estas funcións, é preciso que no corpo haxa unha bomba que impulse o sangue cara todo o organismo. Esta bomba é o corazón.
  • Vasos sanguíneos: son as "tuberías" ou condutos por onde circula o sangue para poder distribuir os nutrientes a todas as células.

O CORAZÓN: a súa anatomía é a seguinte: o corazón está dividido en 4 cavidades, dúas aurículas e dous ventrículos que están comunicados entre sí por válvulas que se abren ou pechan para permitir o fluxo do sangue. As cavidades dereitas NON comunican coas da esquerda.


Neste enlace, podedes repasar estes contidos:



OS VASOS SANGUÍNEOS: estes condutos reparten o sangue polo corpo. E podemos diferenciar 3 tipos de vasos:
  • Arterias: saen do corazón cara os órganos.
  • Veas: van dende os órganos cara o corazón.
  • Capilares: son vasos moi finos que permiten o intercambio de substancias entre o sangue e as células. Ademais, os capilares conectan as arterias coas veas.




Deixo aquí unhas actividades que podedes facer en Word e envialas por correo ou ben contestalas directamente no corpo do correo que enviedes. Se vos resulta máis fácil, na libreta e unha fotografía ou pdf será suficiente. As dúbidas, no meu correo electrónico.

As actividades que tedes que realizar antes do próximo martes son:

ACTIVIDADE 1: por que o sangue circula de forma contínua polo aparato circulatorio?? por que non sae del??

ACTIVIDADE 2: cal é a función das válvulas do corazón?

ACTIVIDADE 3: realizade o seguinte cuestionario, pero unicamente despois de facer as dúas actividades anteriores. So tedes unha oportunidade!!! fixádevos ven antes de contestar!!! Deberíades de facelo antes do próximo martes para evitar acumular tarefas. Xestionade o voso tempo o mellor que poidades.