martes, 28 de abril de 2020

NATURAIS 6º EP

CIRCUÍTOS SANGUÍNEOS

Ola rapaces, continuamos co aparato circulatorio. Hoxe imos ver como se reparte o sangue polo corpo dende o corazón e como retorna de novo. Como xa sabedes, o sangue sempre circula por dentro dos vasos sanguíneos e sigue dous rutas ou circuitos (por eso se chama circulación dobre!). 

CIRCUÍTOS QUE FORMAN OS VASOS SANGUÍNEOS:
  • CIRCUÍTO PULMONAR (OU MENOR):
    • este circuito establécese entre o corazón e os pulmóns.
    • o sangue entra no corazón polas VEAS CAVAS na aurícula dereita. Estas veas levan os refugallos do metabolismo celular.
    • O sangue pasa da aurícula dereita ao ventrículo dereito e de ahí sae pola ARTERIA PULMONAR cara o pulmón, para deixar alí o dióxido de carbono. 
    • Alí, nos pulmóns, cárgase de osíxeno e retorna ao corazón polas VEAS PULMONARES que entra na aurícula esquerda.
  • CIRCUÍTO XERAL (OU MAIOR):
    • O sangue que chegou ao corazón no circuíto pulmonar, pasa da aurícula esquerda ao ventrículo esquerdo e de ahí sale cargado de osíxeno pola ARTERIA AORTA cara todo o corpo para repartir este osíxeno nas células.
    • A arteria divídese en arteriolas e logo capilares que ceden o osíxeno nos órganos e recollen os refugallos do metabolismo, que volverán ao corazón a través das VEAS CAVAS SUPERIOR E INFERIOR. As veas cavas entran no corazón pola aurícula dereita completando así o circuíto. 


ACTIVIDADE 1: que se consegue coa circulación pulmonar?

ACTIVIDADE 2: que características ten o sangue que circula pola aorta?

ACTIVIDADE 3: visualiza este vídeo e responde ás seguintes preguntas: (ollo, está en inglés subtitulado!!!):


a) por que na antiguidade non se estudaba facendo experimentos sobre os corpos?
b) como se descubriu a circulación sanguínea?
c) quen descubriu a dobre circulación sanguínea?
d) como o fixo?

ACTIVIDADE 4: investiga sobre a figura de Miguel Servet. Quen foi?, que fixo?, de onde era?, que lle pasou por emitir as súas ideas?, etc.

Podedes realizar a actividade en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo. Vémonos pronto con máis contidos!!!

ACTIVIDADE 5: realiza este test sobre os contidos anteriores.