"UNHA CASA CON PROBLEMAS"
Unha noite a súa nai achegouse ata a cama da nena e espertouna:
- Ven, é un espectáculo marabilloso. Non fagas ruído,
para que non esperte papá.
Marta ergueuse e foi canda ela
ata a terraciña. O ceo estaba excepcionalmente nítido e víase, aínda sen telescopio, unha inmensa cantidade
de estrelas.
- Mira – díxolle Clara
-. Agora teño enfocada a constelación de Orión.
Verdade que é fermosa?
Marta mirou polo visor do telescopio. Tratou de ver aquela constelación da que falaba a súa nai, pero só puido ollar unha gran cantidade de estrelas espalladas polo fondo negro do ceo.
- Vexo estrelas, pero non sei a cales lles chamas ti Orión.
Clara, entón, prendeu a lanterna e
debuxou nun papel a forma que tiña a constelación.
- Xa a vexo ! Desta vez, si!- dixo Marta, ao cabo
dun pouco tempo.
A
súa nai continuou localizando estrelas e constelacións durante moito tempo.
A iso das catro decidiron ir deitarse. A súa nai acompañouna ata o
cuarto e axudoulle a meterse outra vez na cama. Cando xa se ía dixo:
- E a ver se
mañá, cando te ergas, recolles os libros, non me gusta nada que teñas todo así.
Marta mirou para a súa librería. Os andeis estaban case baleiros e os libros aparecían todos tirados polo chan, esparexidos en pequenos montóns. Pero Marta non fixera tal cousa. Estaba segura de que quedaran ben colocados nos andeis cando se deitara. Cómo era posible que estivesen agora no chan?
1.
Contesta.
- Por que lle rifa a Marta a súa nai?
-Como se chama
a constelación que ían ver ?
-Con que aparello miran as estrelas?
2.
Pon verdadeiro ou falso
- Marta espertou
a súa nai...............
- O pai de Marta
estaba durmindo.................
6. Fai un resumo do texto