Comprensión 4ºP
" Vantaxes e inconvenientes do automóbil"
Dende que
no século pasado apareceron os primeiros
automóbiles
ata a actualidade, estes inventos
cambiaron moito, sendo cada vez máis modernos e complicados.
Polas indubidables vantaxes que proporcionan, os automóbiles chegaron
a facerse imprescindibles,pero a súa utilización diaria para moverse en
traxectos curtos dá lugar a diversas opinións.
Algunhas persoas
están a favor
da utilización diaria
do automóbil propio debido á comodidade e á independencia que lles proporciona.
Outras
persoas, pola contra, avogan polo uso de transporte público, xa que, ademais de
resultar máis económico e evitar os problemas de aparcamento, reduce a
contaminación, axudando así á conservación e ó coidado do medio ambiente.
En resumo,
pensamos que o automóbil, maila que é un gran invento que nos proporciona moitas vantaxes,
debemos utilizalo só cando sexa imprescindible e substituílo polo transporte
público sempre que sexa posible.
1. Fai un resumo do texto
2.Completa.
Tema do texto:
Razóns a favor :
Razóns en contra:
Conclusións:
3. Que outras razóns a favor e en contra se che ocorren? Escríbeas.
4. Busca no dicionario.
Século:
Avogar:
Vantaxes: