ACTIVIDADES DO 19 DE MAIO AO 1 DE XUÑO
Bos días
Comezamos co tema: as máquinas
Déixovos colgados os esquemas da unidade 6 para que os leades.
Adxunto tamén uns enlaces no que podedes aprender un pouco máis sobre as máquinas simples e compostas.
As actividades para estas semanas serán:
1. Investigar sobre unha máquina simple ou composta.
Nome da máquina – Explica cando se inventou, para que se utilizaba, como funcionaba...
2. Construír unha maqueta dunha máquina simple: unha balanza, unha polea, un balancín...
Cando teñades as actividades feitas mandádemas ao correo.
Se tedes calquera dúbida escribídeme :)
Un saúdo e moito ánimo