martes, 5 de mayo de 2020

NATURAIS 5º EP

APROVEITAMENTO DOS MATERIAIS

Hola rapaces, xa sei que sobre materiais tedes un montón de coñecementos. Tamén sabedes que o ser humano aproveita os materiais para fabricar outros (aproveitando as propiedades específicas dos mesmos, por exemplo, fabricamos cacerolas con materiais que conducen ben a calor!).

Segundo a súa orixe, podemos hablar de materiais naturais e artificiais:

  • MATERIAIS NATURAIS: son todos aqueles que nos proporciona a natureza. Poden empregarse directamente como tal para fabricar obxectos artesanais ou industriais, ou ben fabricar materiais artificiais a partir deles. Son materiais naturais:
    • Fibras (fíos) de orixe natural: liño, algodón, la, seda, esparto...
    • Madeira.
    • Combustibles fósiles: petróleo, carbón, gas natural,...
    • Rochas e minerais: granito, xiz, caolín, area, ...
  • MATERIAIS ARTIFICIAIS: son os fabricados polo ser humano a partir de materiais naturais. Son materiais artificiais:
    • Tecidos sintéticos: licra, poliéster, ...
    • Plásticos: proceden na súa maior parte do petróleo.
    • Vidro: fabrícase a partir da area.
    • Aliaxes: aceiro, bronce, ...



Aquí vos deixo unha comparativa con algúns exemplos de materiais naturais e artificiais.


Estas son as tarefas propostas:

ACTIVIDADE 1: Busca información sobre que é o algodón e que parte da planta aproveitamos para facer os tecidos.

ACTIVIDADE 2: Todos sabemos que coa madeira se poden fabricar diferentes mobles, que máis se che ocorre que podemos facer coa madeira?

ACTIVIDADE 3: Busca información sobre o que é o aceiro, e nomea algúns obxectos que teñas na túa casa que sexan de aceiro.

ACTIVIDADE 4: Realiza o seguinte cuestionario. Ollo!!! é un cuestionario longo no que podedes chegar a conseguir 20 puntos!!! Facédeo con calma posto que hay moitas preguntas (todas elas sobre a materia e as súas propiedades, algunhas de seleccionar outras de reflexionar. Necesitarás un papel e un lapis para realizar algún cálculo!!! Le con calma as preguntas e adiante!!!