A excreción consiste en eliminar do noso organismo todas aquelas substancias de refugallo que producen as células e que son prexudiciais e incompatibles coa vida.
Existen tres sistemas de eliminación de refugallos celulares e que forman parte da excreción humana:
- APARATO RESPIRATORIO: elimina o dióxido de carbono (non nos imos a parar nel posto que xa o vimos!).
- APARATO EXCRETOR: (propiamente dito): formado por:
- Os riles: son dous órganos con forma de faba que están situados na zona lumbar. Nestes órganos, o sangue se limpa de todas as impurezas e estas impurezas son levadas as vías urinarias.
- As vías urinarias: son os condutos polos que circulan os ouriños. Temos unha bolsa de almacenaxe de ouriños, a vexiga urinaria. Alí están ata que temos necesidade de expulsar os ouriños ao exterior mediante a micción. Os condutos son:
- uréteres (que sae un de cada ril).
- vexiga (saco onde se almacenan os ouriños).
- uretra (conduto por onde saen ao exterior os ouriños).
FUNCIONAMENTO:
A excreción ten 4 etapas:
- O sangue chega cargado de substancias de refugallo aos riles a través das arterias renais.
- Nos riles, as substancias de refugallo que leva o sangue son extraídas e o sangue limpo sae dos riles polas veas renais. Así se forman os oriños (auga + refugallos).
- Os ouriños sales dos riles polos uréteres cara a vexiga onde se almacenan.
- Cando está chea, os ouriños son expulsado cara o exterior pola uretra.
- GLÁNDULAS SUDORÍPARAS: están na pel e eliminan os refugallos a través da súor. Para este proceso están as glándulas sudoríparas, acumuladas en zonas como as axilas, as palmas das mans, as dos pés e o no rostro. Ademais de para eliminar refugallos a suor tamén serve para arrefriar o corpo (mediante a evaporación).
FUNCIONAMENTO: a excreción prodúcese deste xeito:
- Os capilares con refugallo chegan ás glándulas.
- Nas glándulas extráense os refugallos e se mesturan con auga para formar a súor. Esta sae ao exterior polos poros da pel.
- O sangue limpo segue o seu curso por outros capilares.
APARATO EXCRETOR (1)
APARATO EXCRETOR (2)
APARATO EXCRETOR (3)
ACTIVIDADE 1: Por que é importante a existencia de mecanismos de excreción de refugallos?
ACTIVIDADE 2: Busca información sobre a composición dos ouriños.
ACTIVIDADE 3: De onde proceden as substancias residuais do noso corpo?
ACTIVIDADE 4: Se nun día caloroso a pode chegar a perder ata 10 litros de suor, como repón a auga perdida o corpo para non deshidratarse?
ACTIVIDADE 5: Investiga se a composición dos ouriños e da suor é similar!