martes, 12 de mayo de 2020

NATURAIS 5º EP

Ola rapaces!!! aquí estamos de novo. Nesta entrada imos ver A ENERXÍA, e ademais faremos tarefas de repaso nun caderno interactivo da Unidade 1 do libro de naturais, para o que necesitaredes un nome de usuario e un contrasinal que atoparedes nos vosos correos electrónicos. 

A ENERXÍA. FORMAS DE ENERXÍA E TRANFORMACIÓNS.


A enerxía é todo aquilo capaz de provocar cambios. Na natureza están a producirse cambios continuamente, os seres vivos crecen, desprázanse, a auga móvese...
  • A enerxía pode aparecer en moitas formas diferentes.
  • A enerxía nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Esto significa que a enerxía cambia de forma, pode pasar dun tipo de enerxía a outra, pero sempre vai a estar aí. Destas transformacións da enerxía nos aproveitamos os seres humanos!


FORMAS DE ENERXÍA: as principais son:
    • Enerxía cinética: propia dos obxectos en movemento (un coche, un río...).
    • Enerxía eléctrica: os raios, a electricidade estática.
    • Enerxía térmica: tradúcese en calor (o sol, o lume ...)
    • Enerxía luminosa (luz): desprendida por determinados obxectos ou fontes luminosas (o sol, as estrelas, os vagalumes...).
    • Enerxía química: contida en substancias como o carbón, os alimentos (grazas a eles podemos crecer, movernos...).
    • Enerxía nuclear: contida nos átomos dos elementos. Está en substancias radiactivas como o uranio.

TRANSFORMACIÓNS DA ENERXÍA: grazas a estes procesos, a enerxía cambia de forma e convértese dun tipo de enerxía a outro. Por exemplo, a enerxía nuclear do sol convértese en enerxía luminosa, as plantas empregan esta enerxía luminosa e grazas á fotosíntese a transforman en enerxía química (alimentos).


ACTIVIDADE 1: Explica dúas transformacións de enerxía que poidas ver na túa casa.

ACTIVIDADE 2: Escribe as formas de enerxía que hai na túa casa.

ACTIVIDADE 3: Razoa porque a enerxía luminosa do Sol é responsable da vida no noso planeta.

Podedes realizar a actividades en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos mércores ás 11. Vémonos pronto con máis contidos!!!

ACTIVIDADE 4: Realiza as actividades do cadernillo interactivo. 
      • Non é necesario que as fagas todas nun día (son 11 páxinas!).
      • Unha vez que remates unha páxina dalle a "Terminado" e chega ao meu correo inmediatamente.
      • Se non remataches a páxina, dalle a deixalo para outro momento e así o que xa tes feito estará gardado.
      • Para entrar, premes en acceso alumnos e tes que usar o teu usuario e a clave que enviei polo correo electrónico.
      • Entra neste enlace co teu usuario e contrasinal:  CADERNO REPASO   (Se tedes problemas para entrar, poñédevos en contacto conmigo).