martes, 12 de mayo de 2020

NATURAIS 6º EP

Ola rapaces, imos facer un pouco de repaso de contidos anteriores. É moi importante que traballedes neles para afianzar aqueles contidos xa explicados no curso e que poden axudar a mellorar a vosa nota ou incluso a recuperar a materia (aqueles que estades suspensos). É importante que se tedes o libro ou a libreta os consultedes. Ao longo desta entrada realizaredes unhas fichas interactivas que teredes que enviar ao meu correo (é inmediato, ao remartar a ficha escolle a opción enviar os resultados á profesora!).

ESTRUTURA E FUNCIÓN DOS SERES VIVOS


Os seres vivos son todos aqueles seres que realizan as 3 funcións vitais (nutrición, relación e reprodución). A unidade con vida máis pequena que realiza estas 3 funcións é a células.


Xa sabedes que os seres vivos estamos formados por células. As células teñen tres partes ben diferenciadas, membrana, citoplasma e material xenético. Existen dous tipos de células:
  • procariotas: co seu material xenético libre no citoplasma.
  • eucariotas: o material xenético está no núcleo celular. Dentro deste grupo están as células animais e as vexetais.
Os organismos poden estar formados por unha única célula (unicelulares) ou por máis dunha célula (pluricelulares). Nos organismos pluricelulares as células organízanse para formar estruturas máis complexas como tecidos, órganos ou aparatos e sistemas.

ACTIVIDADE 1: realiza a seguinte ficha, non esquezas ao rematala darlle a terminar. Ao finalizala, elixe a opción envía as respostas á túa profesora (rociopossumus@gmail.com), non o olvides!!!! 




Os seres vivos, clasifícanse en 5 reinos atendendo entre outras condicións ao tipo de células que presenta e a súa nutrición. 

Os reinos son:
  • Moneras: coñecidas como bacterias. Seres unicelulares microscópicos. Algunhas son prexudiciais para o organismo pero outras en cambio todo o contrario.
  • Protoctistas: poden ser unicelulares ou pluricelulares, inclúe aos protozoos e as algas.
  • Fungos: poden ser unicelulares como os fermentos ou pluricelulares como os cogomelos. Non forman tecidos.
  • Plantas: son autótrofas e pluricelulares.
  • Animais: son heterótrofos e pluricelulares.



ACTIVIDADE 2: realiza a seguinte ficha, non esquezas enviarma!




ACTIVIDADE 3: Que significan as siglas ADN? Que tarefa realizan na célula?

ACTIVIDADE 4: Busca información sobre a flora intestinal, que é e que beneficios ten para o noso organismo.

ACTIVIDADE 5: Investiga sobre os virus, son seres vivos? Razoa a túa resposta.

ACTIVIDADE 6: Investiga sobre a historia do microscopio e por que razón este aparello invento facilitou a vida e a nosa saúde!

Podedes realizar a actividades 3, 4. 5 e 6 en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos martes ás 11. Vémonos pronto con máis contidos!!! Moito ánimo!!!