LUZ, ELECTRICIDADE E FONTES DE ENERXÍA
1. A LUZ
Como xa vimos cando estudiamos o sentido da vista, necesitamos luz para ver. E esta luz procede de diferentes fontes de enerxía luminosa (o sol, as lámpadas, un vagalume...).
As características da luz son:
- móvese en liña recta,
- en todas as direccións e
- con gran rapidez.
Xa sabemos que os materiais teñen unhas propiedades específicas, e segundo permitan ou non o paso de luz falamos de:
- materiais transparentes: deixan pasar a luz e permiten ver imaxes a través deles.
- materiais translúcidos: deixan pasar pouca luz e por tanto as imaxes que vemos son borrosas e pouco nítidas.
- materiais opacos: non deixan pasar nada de luz e polo tanto non podemos ver a través deles.
2. A ELECTRICIDADE
- Carga eléctrica: ás veces, ao fregar obxectos electrízanse, a este feito se lle chama carga eléctrica ou electricidade estática.
- Corrente eléctrica: é o movemento de cargas a traves dun cable. Grazas a este movemento, podemos acender lanternas con pilas, e moitos aparatos funcionan nas nosas casas (os eléctricos!).
- Comportamento dos materiais e a electricidade: segundo permitan ou non o paso da corrente, temos dous tipos de materiais:
- condutores: permiten que a corrente circule por eles (por exemplo, os metais como o cobre ou a auga salgada).
- illantes: non permiten o paso da corrente por eles (por exemplo os plásticos, as gomas ou a cortiza).
3. AS FONTES DE ENERXÍA
Son fontes de enerxía todos aqueles recursos que se atopan na natureza e que o ser humano emprega para obter enerxía. Poden ser de dous tipos: renovables (non se esgotan co uso ou ben van rexenerándose de forma natural a medida que se consomen) e non-renovables (se esgotan máis a presa do que a natureza pode producir).
- Non- renovables:
- combustibles fósiles (carbón, petróleo, e gas natural)
- combustibles nucleares (producidos a partir de materiais radiactivos)
- Renovables:
- enerxía solar (luminosa e térmica)
- enerxía eólica
- enerxía hidraúlica
- enerxía de biomasa
ACTIVIDADE 1: Trata de explicar por que os obxectos, persoas, árbores,... forman sombras.
ACTIVIDADE 2: Indica un material transparente, outro translúcido e outro opaco.
ACTIVIDADE 3: Traballo de INVESTIGACIÓN: entra neste enlace: "LA RUTA DE LA ENERGÍA" e busca información sobre:
- Enerxía de Biomasa.
- Incineradores de residuos.
- Como se transportan os residuos nucleares?
- Residuos urbanos como fontes de enerxía.
- Escolle un impacto no medio ambiente como consecuencia do uso da enerxía e descríbeo.
- Fai unha táboa comparativa de catro columnas (similar a dada), cos pros e contras das enerxía renovables e non-renovables.
Podedes realizar a actividades en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos mércores ás 11. Vémonos pronto con máis contidos!!!