Ola de novo, aquí estamos outra vez, que tal vai todo? - espero que ben!!! Hoxe imos a facer algo novo e interesante. A pasada semana vimos os cinco reinos e hoxe imos a coñecer e saber como empregar as claves dicotómicas para a clasificación de seres vivos. Neste caso empezaremos clasificando insectos!!!
AS CLAVES DICOTÓMICAS
Para comenzar, explicarei o que é unha clave dicotómica:
Estas
claves son ferramentas que nos permiten identificar aos seres vivos (planas,
fungos, animais…). Esta clave basease en definicións de caracteres dos seres
vivos (ás veces son necesarias lupas ou microscopios para poder observar estes
caracteres). De aí parten dúas definicións posibles, entre elas hai que
escoller unha e desbotar a outra e así sucesivamente ata dar co organismo en
cuestión.
Por exemplo non coñecemos a un animal que nos
presentan (exemplo - un pato), a clave para chegar a súa clasificación podería ser:
ORGANIZACIÓN DAS
CLAVES DICOTÓMICAS: normalmente organízanse en dicotomías (de aí o nome), é dicir, pares
de afirmacións contrapostas (por exemplo: “extremidades anteriores con tres
dedos” en contra de “extremidades anteriores con dous dedos”.
Estas afirmacións
poden estar nomeadas con números (arábigos ou romanos), con letras, símbolos,
etc…
Por exemplo:
1a. Ten extremidades …….….. (2) se ten imos á opción 2
1b. Non ten extremidades ……(3) se non ten imos directamente á opción 3
2a. Con patas palmeadas …….. Especie A (este sería o caso do noso pato, que sería a especie A!)
2b. Con pezuños nas patas ……. Especie
B
3a. Con cornamenta ………………Especie C
3b. Sen cornamenta ………………Especie D
O noso pato sería a ESPECIE: o noso pato sería a especie A
Unha clave dicotómica e unha ferramenta moi
práctica para clasificar (incluso parafusos!!!). O seu fundamente é a
observación das características dos seres.
Para empregala é importante seguir estes
pasos:
- Ler atentamente as opcións que se presentan e van precedidas por un símbolo ou numero.
- Observar ao ser vivo (ou obxecto) que estamos clasificando para ver cal das dúas opcións é a que máis se adecúa a el.
- Unha vez seleccionada a opción, esta lévate a outro número, que a súa vez, presenta dúas novas opcións e así sucesivamente ata chegar a Especie que estamos buscando!
ACTIVIDADE 1: Realiza a clasificación destes insectos seguindo a clave dicotómica. Ao rematar, envía as respostas ao meu correo (rociopossumus@gmail.com).
ACTIVIDADE 2: Realiza a clasificación destas sementes e logo inventa unha clave dicotómica para clasificar aos animais dos debuxos.
ACTIVIDADE 3: Explica a diferenza entre nutrición autótrofa e heterótrofa. Que organismos teñen estes tipos de nutrición e trata de explicar a importancia da fotosíntese para a vida na Terra.
Podedes realizar a actividade 3 (e a última parte do 2) en Word e envialas por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos martes ás 11. Vémonos pronto con máis contidos!!!