Ola, como xa sabedes, o uso, produción e tranformacións das diferentes fontes de enerxía así como o gran consumo que facemos delas da lugar a cambios negativos para o noso planeta:
- cambios na paisaxe (o que se chama contaminación visual): por exemplo, a construción de encoros impide que os algúns peixes poidan ascender polo río para facer a posta, ao mesmo tempo que inundan grandes zonas.
- contaminación de diversos tipos (química, térmica, acústica...): unha das máis prexudiciais para os seres vivos son a emisións de gases que van a atmosfera. Tamén os residuos radioactivos que se producen nas centrais nucleares.
- esgotamento das fontes non-renovables (petróleo, uranio...): se as esgotamos temos que buscar outras alternativas...
Unha das solucións a estes problemas está en aforrar e reducir o consumo de enerxía, tratando de conseguir un desenvolvemento sostible que permita manter o noso benestar pero tamén o das xeracións futuras.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: AS 3R
Este concepto lévanos ao dado na unidade dúas de recursos naturais, lembrades? - todo aquilo que tomamos da natureza e que consumimos para realizar as nosas actividades.
O abuso no uso dos recursos naturais leva consigo desequilibrios nos ecosistemas:- Sobreexplotamos estes recursos = esgotamento
- Alteramos e contaminamos territorios = destrución ecosistemas
- Repartimos mal os recursos = problemas sociais
Algúns dos problemas máis graves que podemos atopar na natureza como consecuencia da nosa neglixencia son:
Para evitar estes problemas, debemos seguir un modelo de desenvolvemento sostible con estes fundamentos:
- Empregar maioritariamente recursos renovables.
- Reducir e reciclar o uso dos recursos non-renovables.
- Reducir a cantidade de residuos e fumes contaminantes.
- Crear espazos protexidos.
- Cambiar o estilo de vida nos "países ricos".
- As 3R
ACTIVIDADE 1: Explica coas túas palabras que é a chuvia ácida e cales son as súas consecuencias.
ACTIVIDADE 2: Por que é importante promover o uso das enerxías renovables?
ACTIVIDADE 3: Fai unha lista con 10 propostas para que a túa familia aforre enerxía na casa.
ACTIVIDADE 4: Busca información sobre a etiqueta enerxética (a que levan por lei os electrodomésticos), e explica que significan as letras que aparecen nela. Que é a eficiencia enerxética?
ACTIVIDADE 5: Realiza o CADERNILLO DE ECOSISTEMAS (repaso da unidade 2), a clave e o usuario para entrar é o mesmo que o do cadernillo que xa fixéchedes. Calquera problema sabedes onde atoparme!
Podedes realizar a actividades en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos mércores ás 11. Vémonos!!!