martes, 26 de mayo de 2020

NATURAIS 6º EP

Ola rapaces, aquí estamos outra semana máis. Imos empezara cun novo tema, a reprodución humana, veremos en que consiste e a anatomía dos aparatos reprodutores masculino e feminino.

 A REPRODUCIÓN HUMANA:

A reprodución son un conxunto de procesos que permiten ao ser humano ter descendentes. A reprodución no ser humano é sexual, é dicir, depende de dúas personas de diferente sexo.

  • Muller: aparato reprodutor feminino, produce células reprodutoras (óvulos).
  • Home: aparato reprodutor masculino, produce células reprodutoras (espermatozoides)

ANATOMÍA:
  • aparato reprodutor masculino:
Partes del aparato reproductor masculino - Aparato reproductor ...
  • aparato reprodutor feminino:
Repaso del sistema reproductor (artículo) | Khan Academy

PUBERDADE

A puberdade é unha etapa que se produce como primeira fase da adolescencia, na que tanto homes como mulleres experimentan cambios. Os principais son:
  • Activación do aparato reprodutor.
  • Aparación dos caracteres sexuais secundarios, aqueles que diferenzan aos homes das mulleres pero non forman parte do aparato reprodutor.
  • Aparición da madureza sexual, que inclúe cambios de personlidade e madureza psicolóxica, responsabilidade, seguridade ...
  1. Puberdade masculina: actívase o aparato reprodutor entorno aos 11-13 anos. Desenvólvense os caracteres secundarios: voz máis grave, crece peluxe no pube, corpo e rostro, aumentan a estatura e a musculatura.
  2. Puberdade feminina: actívas o aparator reprodutor entorno aos 11-13 anos.  Aparece o ciclo menstrual. Desenvólvense os carateres secundarios: nace peluxe no puvbe e nas axilas, as mamas aumentan de volume, a cadeira faise máis redonda e a voz cambia. Aumenta un pouco a estatura e a musculatura.
PROCESO DE REPRODUCIÓN

Conleva 3 etapas:
  • fecundación: é a unión dun óvulo cun espermatozoide para formar unha célula ovo ou cigoto.
  • desenvolvemento do embrión: dura uns 9 meses e finaliza co parto. Nesta etapa o embrión crece ata madurar todos os seus órganos. 
  • parto: as contraccións do útero expulsan ao feto ao exterior a través da vaxina.


ACTIVIDADE 1: Investiga sobre o significado da expresión "romper augas"

ACTIVIDADE 2: Que son os carateres sexuais secundario e cando aparecen?

ACTIVIDADE 3: O aparato reprodutor masculino comparte unha parte con outro aparato do corpo e que xa vimos con anterioridade, con cal?

ACTIVIDADE 4: Os óvulos son redondos mentras que os espermatozoides teñen unha especie de cola, por que pensas que é así?

ACTIVIDADE 5: A información xenética se transmite de pais a fillos, onde cres que reside esta información xenética?

ACTIVIDADE 6: Dirías que os cambios que se producen na puberdade suceden ao mesmo tempo e ritmo e no mesmo momento en todas as persoas? Razoa a resposta.

ACTIVIDADE 7: Escribe un texto sobre a seguinte frase: "é importante que nos aceptemos al e como somos en todo momento".


Podedes realizar a actividades en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos martes ás 11. Vémonos!!!