martes, 2 de junio de 2020

NATURAIS 5º EP

Ola, estamos aquí outro día máis e neste caso imos traballar coas máquinas! Pero antes temos que ver os cambios físicos que se producen na materia (como consecuencia do intercambio de enerxía).

Temos que diferenciar dous tipos de cambios:
  • Físicos: nestes cambios, a materia cambia de estado, de posición ou incluso de aspecto (pero o tipo de materia non varía (ex.- dilatación do ferro).
  • Químicos: prodúcense cando ao mesturar dúas ou máis substancias estas se transforman noutra con propiedades diferentes as das subtancias orixinais (ex- unha combustión).

CAMBIOS FÍSICOS (EFECTO DA TEMPERATURA)

  • DILATACIÓNS: algúns obxectos cambian o seu tamaño por efecto da temperatura, este cambio denomínase dilatación.                                                                                                       


  • CAMBIOS DE ESTADO: este é un proceso polo que se modifica o estado no que se atopa a materia cos cambios de temperatura (sólido, líquido ou gasoso). Aquí vos deixo o esquema dos cambios de estado que se poden producir.
El proceso en el cual la materia pasa de estado gaseoso ha s ...

As frechas vermellas indican aqueles cambios que requiren calor mentras que as azuis as que precisan de baixada das temperaturas.


AS MÁQUINAS

As máquinas son obxectos que fabrica o ser humano, co fin de facilitar as nosas tarefas ou ben para entreternos. As máquinas precisan enerxía para poder funcionar (esa enerxía pode ser eléctrica como no caso da lavadora ou mecánica como uno caso dun sacacorchos para abrir unha botella).

Podemos distinguir dous tipos de máquinas:
  • SIMPLES:  están formadas por poucas pezas (por exemplo, unha polea).
  • COMPOSTAS: formadas por moitos compoñentes (por exemplo, un reloxo).

Grazas ás máquinas, a ciencia e a tecnoloxía avanzaron moito en relativamente pouco tempo, e podemos observar avances en:
  • Vivendas: por exemplo, a electricidade, a potabilización da auga, a calefacción, os electrodomésticos...
  • Nas ciencias: enerxía atómica, materiais novos (grafeno), elaborar o xenoma humano...
  • En medicina: medicamentos, técnicas de diagnóstico, aparatos... A PRECISIÓN DUN CIRURXIÁN ROBÓTICO
  • Transportes: coches, grandes barcos, avións..
  • Comunicación: internet, telefonía móbil, satélites artificiais...
  • Informática: ordenadores!!!

ACTIVIDADE 1: Pensa e escribe no problema que pode causar a dilatación dos raíles do tren e como se solventa este problema na vida real. En que outras situacións reais temos que solventar os problemas das dilatacións e como o facemos?

ACTIVIDADE 2: Durante o inverno, cando viaxamos coa familia no coche os cristais acaban poñéndose translúcidos e o/a condutor/a ten que darlle ao aire para limpalos e ter unha boa visión. A que se debe? Por que o aire soluciona este problema? Se levamos as ventanas abertas ocorre o mesmo?

ACTIVIDADE 3: Fai unha pequena redacción na que expliques de que xeito a evolución das máquinas contribuíu a mellora do traballo no campo.

ACTIVIDADE 4: Busca información sobre un dos grandes inventos para a humanidade (baixo o teu punto de vista!) e explica que beneficios supuxo para a humanidade e que riscos aporta na sociedade ou no medio ambiente.

ACTIVIDADE 5: Hoxe en día os termómetros de mercurio están prohibidos. Por que empregaban o mercurio para facelos? Por que cres que están prohibidos hoxe en día?

ACTIVIDADE  6: Realiza o seguinte CUESTIONARIO.  


Podedes realizar as actividades en Word e envialas por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos mércores ás 11. Vémonos pronto con máis contidos!!!