Ola rapaces, espero seguir recibindo os vosos traballos, sabedes que se tedes dúbidas podedes contactar conmigo no meu correo electrónico.
A MATERIA E OS SEUS CAMBIOS
Agora, imos a avanzar un pouquiño máis (pero non vos preocupedes porque esto está visto no curso pasado!!, realmente xa non é novo), imos a ver a materia e os seus cambios. Iremos por partes, hoxe comezaremos pola materia. Sería ideal que fósedes copiando o texto na libreta e visualizando os vídeos!
Para empezar, debemos definir algúns conceptos:
- MATERIA: todo aquilo que ten masa e volume (é dicir, forma parte do universo e ocupa un espazo nel).
A materia ten dous tipos de propiedades: xerais e específicas.
PROPIEDADES XERAIS:
- Masa: é a cantidade de materia que ten un obxecto, mídese con balanzas ou básculas e a unidade na que se expresa chámase unidade de masa (g, kg, dag...). MASA
- Volume: é a cantidade de espazo que ocupa un obxecto (é dicir, mide o grande ou pequeno que é). Se falamos de líquidos mídese con recipientes graduados (probetas, xeringas, pipetas... ) e a unidade na que se expresa chámase volume (l, ml, cl, centímetros cúbicos...). VOLUME
Como xa sabedes (doutros anos) a materia pode atoparse en 3 estados: sólido, líquido e gasoso e pode pasar dun estado a outro perdendo ou gañando calor. Veremos que os estados da materia dependen da agregación das partículas que o forman. Botádelle un ollo a estes vídeos:
PROPIEDADES ESPECÍFICAS:
Este tipo de propiedades son características unicamente dalgunhas formas de materia, e permiten que diferenciemos uns corpos doutros, uns elementos doutros ou unhas substancias doutras, é dicir, son ÚNICAS dependendo do tipo de materia estudado.
- DUREZA
A dureza é a resistencia natural de certos elementos (sólidos) a ser raiados. Por exemplo, o diamante (de gran dureza) é difícil de raiar. O xiz (moi brando) pode raiarse cunha uña.
- FRAXILIDADE
Pon de manifesto a tendencia a romper en moitos anacos.
- ELASTICIDADE
É a capacidade que ten a materia de recuperar a súa forma orixinal unha vez que desaparece a forza que os deforma. Por exemplo, unha goma do pelo. O vidro non se deforma, rompe... e por exemplo, o alumnio pode deformarse pero nunca recuperará a súa forma orixinal.
- VISCOSIDADE
É a resistencia ou non (dun liquido) a moverse. Por exemplo, a auga e pouco viscosa, o mel é moi viscoso.
- COMPRESIBILIDADE
É a propiedade dalgúns elementos (gases) de reducir o seu volume. Por esta razón, podemos "encerrar" os gases en bombonas ou botellas.
- DENSIDADE
Refírese a canto de concentrada se atopa a materia nun corpo. É dicir, como de apretadas están as moléculas que están nel. A densidade relaciona a masa dun obxecto com espazo que ocupa (é dicir, o volume). Exprésase en g/cm3 ou kg/m3
A fórmula é a seguinte:
Por exemplo, un Kg de madeira e un Kg de chumbo se distinguen pola súa denside, moito maior no chumbo. As moléculas que o forman están moi apretadas entre sí!
Estes serían os pasos a seguir para calcular a densidade:
Aquí vos deixo uns vídeos para afianzar estes conceptos. Tamén algún que outro experimento sobre densidades:
Repasa estes contidos, axúdate dos vídeos e do libro de texto!!! Trata de resolver este cuestionario sobre o visto!!!
Ánimo!