Ola a todos, imos a traballar un pouco cunha visión global do corpo humano, deste xeito, é probable que nos coñezamos e entendamos mellor!!!
O ser humano é un ser vivo, como tal cumpre as 3 funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
Para poder levar a cabo estas funcións, temos órganos e aparatos e sistemas que actúan de xeito coordinado para manternos con vida, podemos repartilos seguindo o esquema:
- Función de nutrición:
- Aparato dixestivo
- Aparato respiratorio
- Aparato excretor
- Aparato circulatorio
- Función de relación:
- Órganos dos sentidos
- Sistema nervioso
- Aparato locomotor
- Sistema endócrino
- Función de reprodución:
- Aparato reprodutor masculino
- Aparato reprodutor feminino
Aínda que aquí separamos os aparatos e sistemas por funcións, realmente para o bo funcionamento do corpo humano actúan en colaboración uns con outros. Por exemplo, as hormonas que produce o sistema endócrino viaxan polo sangue (é dicir, sistema circulatorio), o respiratorio é o responsable de levar o osíxeno ao sangue e este o reparte a todas as células... e todo coordinado polo sistema nervioso (o encéfalo, a CPU do noso corpo) e así con todos os aparatos e sistemas. O corpo humano é un CONXUNTO, un TODO.
De xeito esquematizado imos ver de que se encarga cada función:
- Función de nutrición: encárgase de achegar os nutrientes necesarios ás células e de recoller delas o material de refugallo que é tóxico para eliminalo do corpo:
- Aparato dixestivo, extrae dos alimentos os nutrientes que son levados polo sangue ás células.
- Aparato respiratorio: recolle o osíxeno do aire e este é levado polo sangue ás células. Ademais recolle das células o dióxido de carbono para expulsalo fóra.
- Aparato excretor: recolle os refugallos celulares e os elimina en forma de ouriños.
- Aparato circulatorio: é o encargado do transporte tanto dos nutrientes como dos refugallos as súas zonas de destino.
- Función de relación: encárgase principalmente de captar os estímulos do medio, procesalos e reaccionar ante eles.
- Órganos dos sentidos: captan os estímulos do medio, poden ser auditivos, visuais, táctiles, olores ou sabores.
- Sistema nervioso: a información procedente dos sentidos é procesada polo sistema nervioso que é o encargado de emitir unha resposta que pode ser motora ou glandular.
- Aparato locomotor: esta é a resposta motora, os músculos e ósos son os encargados de producir o movemento, que pode ser de fuxida se o estímulo é deseagradable ou de achegamento se o estímulo é agradable.
- Sistema endócrino: ás veces, a resposta é hormonal, por exemplo a adrenalina que segregamos cando estamos en risco (ou facemos deportes de risco!).
- Función de reprodución: permite ás especies perpetuarse e que non se extingan, é dicir, consiste en formar individuos similares aos proxenitores.
- Aparato reprodutor masculino
- Aparato reprodutor feminino
Para que todas estas funcións se leven a cabo, é necesario propocionarlle ao corpo os nutrientes necesarios. Cando a alimentación é inadecuada, podemos desenvolver diferentes tipos de enfermidades ou carencias (por falta de vitaminas, proteínas, hidratos, lípidos...). De ahí que sexa moi importante comer de todo e na súa cantidade xusta!!! Aquí vos deixo unha imaxe da pirámide dos alimentos, a base da pirámide indica os alimentos que debemos de consumir a diario, e a punta da pirámide os que ocasionalmente (ou case-nunca!):
Por suposto, a auga non debe de faltar nunca, e claro está as cantidades varían segundo a nosa actividade física!!!
ACTIVIDADE 1: das funcións vitais, de cal delas pensas que podería prescindir o ser humano, razoa a resposta!
ACTIVIDADE 2: busca información sobre o escorbuto, que é e a que se debe? Unha vez que o teñas claro, como se pode evitar?
ACTIVIDADE 3: lembra o visto durante o curso e explica como funciona o sentido do gusto. Onde reside?
ACTIVIDADE 4: de onde cres que ven a expresión "comer cos ollos"? Que significa?
ACTIVIDADE 5: o aparato respiratorio encárgase de recoller o osíxeno do aire e levalo ao sangue, por que pensas que as enfermidades que afectan aos pulmóns fan que as persoas enfermas respiren con dificultade?
ACTIVIDADE 6: elabora un decálogo de "boas maneiras" para manter o noso corpo nas mellores condicións.
ACTIVIDADE 2: busca información sobre o escorbuto, que é e a que se debe? Unha vez que o teñas claro, como se pode evitar?
ACTIVIDADE 3: lembra o visto durante o curso e explica como funciona o sentido do gusto. Onde reside?
ACTIVIDADE 4: de onde cres que ven a expresión "comer cos ollos"? Que significa?
ACTIVIDADE 5: o aparato respiratorio encárgase de recoller o osíxeno do aire e levalo ao sangue, por que pensas que as enfermidades que afectan aos pulmóns fan que as persoas enfermas respiren con dificultade?
ACTIVIDADE 6: elabora un decálogo de "boas maneiras" para manter o noso corpo nas mellores condicións.
Podedes realizar a actividades en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou na clase virtual dos mércores ás 11. Vémonos!!!