CLASIFICACIÓN DA MATERIA
Ola rapaces, xa sabemos o que é a materia, xa sabemos tanto as propiedades xerais como específicas, agora imos ver como podemos clasificala.
Temos dúas formas de clasificación:
- según os estados (sólido, líquido ou gasoso).
- según estean ou non formados por unha única substancia ou por varias substancias. Neste caso, falamos de substancias puras e mesturas.
- SUBSTANCIAS PURAS: están formadas por un único tipo de materia. Por exemplo, a auga, a prata, o ouro, o diamente ... Non se poden separar no seus compoñentes.
- MESTURAS: están compostas por dúas ou máis substancias puras, que son os compoñentes da mestura. Por exemplo, o pan (formado por fariña, auga, sal ...). Poden separarse por diferentes métodos. As mesturas poden ser de dous tipos:
- HETEROXÉNEAS: as substancias que a forman están ben visibles. Podemos distinguilas por tanto a simple vista. Por exemplo unha pizza na que temos aceitunas, masa, tomate, champiñóns... e podemos diferenciar perfectamente un material do outro.
- HOMOXÉNEAS (OU DISOLUCIÓNS): as substancias que o forman están tan ben mesturadas que a simple vista é imposible recoñecer os compoñentes. Por exemplo unha crema de cenoura, leva cenoura, pataca, leite,.... pero está todo tan ben mesturado que nos unicamente vemos unha crema de cor laranxa...
Podemos atopar diferentes tipos de substancias homoxéneas:
- Gasosas: como o aire, que está formado por diferentes gases, entre eles o osíxeno e o dióxido de carbono.
- Líquidas: por exemplo a auga de mar, que leva sal disolta.
- Sólidas: como as aliaxesque están formadas pola unión de dous ou máis metais. Por exemplo, o bronce, formado pola fusión de cobre e estaño.
Anímovos a practicar estes conceptos neste xogo: tedes que aplastar ao topo que ten a imaxe dunha substancia homoxénea!!!
A ENERXÍA. FORMAS DE ENERXÍA E TRANFORMACIÓNS.
A enerxía é todo aquilo capaz de provocar cambios. Na natureza están a producirse cambios continuamente, os seres vivos crecen, desprázanse, a auga móvese...
- A enerxía pode aparecer en moitas formas diferentes.
- A enerxía nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Esto significa que a enerxía cambia de forma, pode pasar dun tipo de enerxía a outra, pero sempre vai a estar aí. Destas transformacións da enerxía nos aproveitamos os seres humanos!
A ENERXÍA (1)
A ENERXÍA (2)
FORMAS DE ENERXÍA: as principais son:
- Enerxía cinética: propia dos obxectos en movemento (un coche, un río...).
- Enerxía eléctrica: os raios, a electricidade estática.
- Enerxía térmica: tradúcese en calor (o sol, o lume ...)
- Enerxía luminosa (luz): desprendida por determinados obxectos ou fontes luminosas (o sol, as estrelas, os vagalumes...).
- Enerxía química: contida en substancias como o carbón, os alimentos (grazas a eles podemos crecer, movernos...).
- Enerxía nuclear: contida nos átomos dos elementos. Está en substancias radiactivas como o uranio.
TRANSFORMACIÓNS DA ENERXÍA: grazas a estes procesos, a enerxía cambia de forma e convértese dun tipo de enerxía a outro. Por exemplo, a enerxía nuclear do sol convértese en enerxía luminosa, as plantas empregan esta enerxía luminosa e grazas á fotosíntese a transforman en enerxía química (alimentos).

FONTES DE ENERXÍA: Son fontes de enerxía todos aqueles recursos que se atopan na natureza e que o ser humano emprega para obter enerxía. Poden ser de dous tipos: renovables (non se esgotan co uso ou ben van rexenerándose de forma natural a medida que se consomen) e non-renovables (se esgotan máis a presa do que a natureza pode producir).
- Non- renovables:
- combustibles fósiles (carbón, petróleo, e gas natural)
- combustibles nucleares (producidos a partir de materiais radiactivos)
- Renovables:
- enerxía solar (luminosa e térmica)
- enerxía eólica
- enerxía hidraúlica
- enerxía de biomasa

ACTIVIDADE 1: Se mesturamos auga con leite, que tipo de mestura temos? e se mesturamos auga con aceite?
ACTIVIDADE 2: Clasifica (nunha táboa similar a que vos deixo) os seguintes elementos en puros ou mesturas homoxéneas e mesturas heteroxéneas:
Níquel, auga, aceiro, cobre, prata, diamante, ferro, aire, granito, cuarzo, crema de cabaza, pizza, puré de pataca, leite con cacao, chocolate puro, chocolate con leitre, chocolate con améndoas.
ACTIVIDADE 3: Investiga: hai unha lenda que dá orixe a expresión "Eureka!" relacionada coa densidade. Intenta atopala e contar esta historia ao teu xeito.
ACTIVIDADE 4: Escribe as formas de enerxía que hai na túa casa.
ACTIVIDADE 5: Razoa porque a enerxía luminosa do Sol é responsable da vida no noso planeta.
Podedes realizar a actividade en Word e enviala por mail, ou ben, directamente no propio corpo da mensaxe que enviedes no correo! De non ser posible, recurride as fotografías como sempre. As dúbidas no correo ou os martes ás 11 na aula virtual.